Hemeroteca

Asset Publisher

Back Ángel García Seoane, condecorado coa Medalla da Amizade do ICAP no centenario de Fidel Castro

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, participou no acto de homenaxe a Fidel Castro con motivo do centenario do seu nacemento en Láncara. Durante o acto, o alcalde foi distinguido coa Medalla da Amizade do Instituto Cubano de Amizade cos Pobos (ICAP), con motivo do seu compromiso coa amizade e cooperación con Cuba.

O embaixador da República de Cuba en España, Marcelino Medina, destacou durante a súa intervención o compromiso mantido ao longo dos anos polo alcalde de Oleiros e definiuno como "una referencia para varias generaciones de amigos de Cuba".

No seu discurso, García Seoane reivindicou a figura de Fidel Castro e o papel que desempeñou na historia de Cuba e no ámbito internacional. O alcalde definiuno como “el humanista, ideólogo, estadista, guerrillero y revolucionario que cambió el rumbo de la historia”, e destacou a súa defensa da soberanía cubana e o seu apoio a diferentes pobos e movementos revolucionarios.

O alcalde defendeu tamén un cambio nas relacións internacionais con Cuba e reclamou o levantamento do bloqueo económico estadounidense. “Los países demócratas del planeta deberán cambiar su actitud y abrir las puertas de par en par a la cooperación facilitándole a Cuba todo lo necesario para su desarrollo, saltándose el bloqueo yankee”, afirmou.

Así mesmo, o alcalde sinalou a necesidade de que Cuba avance en novas vías de cooperación e integración económica. “El Gobierno de Cuba debe analizar su estrategia para ser parte del comercio mundial y entreabrir las puertas que se lo permitan”, manifestou. García Seoane rematou reivindicando a necesidade de preservar e difundir os valores da Revolución cubana e a memoria das persoas que loitaron pola independencia do país.

back link