Oleiros, 21 de febreiro de 2014-. O Concello de Oleiros informa que desde o próximo día 22 de febreiro ata o 21 de marzo está aberto o prazo para a presentación de solicitudes nas catro escolas infantís do Concello de Oleiros para o próximo curso 2014-2015.
O prazo está aberto tanto para a reserva de praza, para os nenos e nenas que xa están acudindo ás escolas, como para as solicitudes de novo ingreso. Para calquera tipo de información, as persoas interesadas deben acudir á escola infantil do Concello de Oleiros que sexa a súa primeira preferencia: A Pardela, As Galeras, A Canteira ou A Braña. Alí facilitarán toda a información que precisen, así como os impresos e a documentación necesaria. As persoas interesadas poden atopar máis información nas seguintes páxinas web: http://www.igualdadebenestar.org e http://www.escolasinfantis.net.