Oleiros, 22 de maio de 2013-. O Concello de Oleiros abre o prazo para a matrícula nas escolas municipais de música e danza para novos alumnos e alumnas. Para a Escola de Música ofértanse en total 101 matrículas ás que poderán optar todos aqueles veciños desde os catro anos de idade. Destas, 50 prazas serán para nenos e nenas de entre 4 e 7 anos de idade e 51 para aqueles maiores de 8 que desexen cursar estudos nos instrumentos de tuba, trompa, trombón, bombardino, clarinete, violín, viola, violonchelo, piano, batería, baixo eléctrico, guitarra eléctrica, contrabaixo e canto.
Pola súa parte, a escola de danza pon á disposición dos veciños e veciñas un total de 123 novas prazas. Destas, 70 prazas serán para o nivel de Música e movemento, para o cal as persoas solicitantes terán que ter entre 4 e 7 anos de idade. Outras 26 prazas para os curso de Danza Clásica, 23 prazas para os cursos de Danza Moderna: jazz, funky, Hip Hop e 4 prazas para un grupo único de danza para adultos. Para solicitar matrícula escolar as persoas interesadas deberán dirixirse á secretaría das ditas escolas en horario de 17.00 a 20.00 horas de luns a venres. O prazo rematará o próximo 31 de maio.