Oleiros, 22 de setembro de 2014-. Esta mañá abriuse o prazo de inscrición para os tres obradoiros de escritura impartidos polo xornalista, escritor e guionista Manuel Guisande, que organiza o Concello de Oleiros conxuntamente co Consorcio das Mariñas a través do Departamento de Cultura.
As clases impartiranse na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro, no centro cultural As Torres, en Santa Cruz. Os obradoiros son de balde e as prazas limitadas. Guisande é un mestre na formación e divulgación literaria. Ademais dun contratado creador literario desenvolveu gran parte da súa vida profesional como redactor en La Voz de Galicia. A adxudicación das prazas realizarase por rigorosa orde de inscrición. As xornadas que se celebrarán son as seguintes:
• Obradoiro de guión teatral (maiores de 18 anos)
Martes 7 e martes 14 de outubro, de 17.00 a 18.00 horas.
• Obradoiro “cómo escribir un conto” (Idades recomendadas: de 8 a 12 anos)
Xoves 9 e xoves 16 de outubro, de 17.00 a 18.00 horas.
• Obradoiro “cómo escribir un relato” (Idades recomendadas: de 13 a 17 anos) Xoves 9 e xoves 16 de outubro, de 18.30 a 19.30 horas.