Asset Publisher

Back Comida e Saúde, Programa de Educación Saudable

Comida e saúde, programa de alimentación saudable

Dentro das accións de Educación para a saúde o tema que faltaría por abordar sería o da alimentación. Séguenos a preocupar a mala alimentación, os trastornos alimentarios así como os hábitos sedentarios da poboación máis nova. Tendo en conta todo isto, adaptamos os contidos a tratar, para que sen esquecer os temas dunha dieta equilibra e sá, abordar o tema do deporte, unha boa alimentación unida ao deporte.

Tendo en conta isto, o noso obxectivo fundamental é promover, non só a través deste programa senón do resto das accións, hábitos de vida saudable a nivel físico e emocional. Sentando así as bases do benestar do alumnado baseándonos nas súas necesidades reais por riba de presións sociais, mediáticas e de mercado.

Obxectivos xerais

  • Promover valores, actitudes e hábitos que incidan nun modo de vida saudable e equilibrado tanto a nivel físico, como emocional.
  • Reflexionar sobre algúns hábitos de vida que poidan indicar un trastorno alimentario. 
  • Manter unha actitude crítica antes os estilos de vida como elementos condicionantes da saúde e determinados por factores culturais e sociais, vinculado polo coonsumo de alimentos de orixe industrial e precociñados.
  • Recoñecer os beneficios da actividade dportiva, en canto aos tres niveis da saúde: mental, físico e social.

Actividades

ACCIÓNCURSOCONTIDOS
VIDA SAUDABLE1º ESO
  • Qué é unha vida saudable?
  • Que é a alimentación e a nutrición?
  • Alimentos e nutrientes: tipos de nutrientes e as súas funcións.
  • Os alimentos, tipos e clasificación.
  • A roda dos alimentos.
  • Necesidades enerxéticas: a dieta equilibrada.
  • Mitos e fraudes en torno á alimentación. Os canons de beleza e o modelo imposto.
  • Os trastornos alimenticios.
ALIMENTACIÓN E DEPORTE2º ESO1ª sesión:
  • Clasificación dos nutrientes segundo as súas funcións e poñelos en relación cos alimentos, e dentro destes recoñecer os máis saudables ou cun maior valor biolóxico. As cantidades necesarias varían segundo a idade, sexo e actividade deportiva, entre outros factores
  • Importancia de manter no tempo: unha dieta saudable e actividade física, para evitar o efecto rebote, é dicir, incorporalo en hábitos, desterrando o concepto operación...
  • A actividade deportiva como achega de valores como o sacrificio, o esforzo, a competividade, o traballo en equipo, danos confianza en nos mesmos, mellora a nosa autoestima, favorece as relacións sociais, prevén enfermidades, mantennos esveltos e fainos eliminar graxas e azucres acumulados, corrixe a nosa postura, achega maior control de corpo e fainos máis lixeiros e áxiles, destrae, relaxa, é unha alternativa de ocio grazas ás endorfinas, provoca sensación de felicidade e benestar. Favorece a sensación de pertenza a un grupo, favorece a relación co noso propio corpo.
2ª sesión: 
  • Hábitos de alimentación favorables, analizar os nosos hábitos e melloralos: comer en compañía e sen ver a tele, facer 5 comidas, mastigar. 
  • Os estilos de vida saudable: abandono do rural e a incorporación da muller ao mundo laboral, ao que se engade a publicidade, invitanos a consumir productos "improvisados", é dicir, precociñados ou que atopamos en máquinas expendedoras. Así mesmo se nos presentan productos que complementas os anteriores.
  • A socialización da alimentación: modelos de beleza e trastornos alimenticios.
P.G.UIES
  • Monólogo sobre os trastornos alimenticios a cargo de Pedro Brandariz

 

Destinatarios

  • O alumnado de 1º e 2º da ESO.