Asset Publisher

Back Recomendacións en Radioleiros: 17 de xuño

radioleiros

  • - Novela xuvenil:

    "As sete mortes" de Carlos Vila Sexto.

    Editado por Galaxia en 2009 Ver As sete mortes na Rede de Bibliotecas de Galicia

    Unha policiaca levada por unha parella de investigadores, Laura e Varona, combinando crime, esoterismo e misterio. Un relato con forza até a última páxina de Carlos Vila Sexto, un escritor nado na Coruña, criado en Ourense e que actualmente vive en Madrid, dedicado á redacción de guións para series audiovisuais e películas.

  • - Adultos/as:

    Ver Mujeres a contracorriente: La otra mitad de la historia na Rede de Bibliotecas de Galicia"Mujeres a contracorriente: La otra mitad de la historia" de Clara Obligado. Editado por Plaza Janés en 2004

    Clara Obligado cóntanos o importante e silenciado papel das mulleres na historia de Occidente. Tendo en conta que a historia sempre foi escrita en masculino, fai un percorrido pola biografía de moitas mulleres desde a antigüidade até o século XX, dun xeito divulgativo e pedagóxico.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR (MP3 - 150 KB) en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13.00, 15.00 e 17.00 horas.