O humorista gráfico nado en Mendoza, Arxentina (1932) recibe o galardón no mesmo ano que se cumpre o 50 aniversario da súa popular creación “Mafalda”, obra amplamente traducida e levada ao cine e á televisión.
Quino, cuxo nome é Joaquín Salvador Lavado, é fillo de emigrantes
andaluces e hai 24 anos adoptou a nacionalidade española.
Quino alcanzou a fama co personaxe de Mafalda, inicialmente creado para unha campaña publicitaria que non chegou a realizarse, o que fixo que pasase ao medio impreso a través de tiras cómicas no semanario Primera Plana de Bós Aires, aló por 1964.O engado de Mafalda é a visión do mundo adulto dende a perspectiva infantil. A protagonista é irónica, intelixente, nada conformista e sempre cuestionando o mundo adulto, comprometida coa paz e os dereitos humáns e, en consonancia coa época na que foi creada, amante dos Beatles.
Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz ofrecemosche unha pequena exposición de obras de Quino, ademáis das que podes atopar e levar en préstamo nas oito bibliotecas do Concello.
