MODIFICACION DO ESTUDO DE DETALLE DA PARCELA "C" DO PLAN PARCIAL SUD-5
"ICARIA IV" (Documento NRE 2026010534, do 15 de maio).
A N U N C I O
Aprobación inicial do expediente 2026/PLANEAM/000004 - FG Nº 763
Mediante Resolución da Alcaldía número 2026002923 do 26 de maio de 2026, acordouse aprobar
inicialmente a modificación do ESTUDO DE DETALLE DA PARCELA "C" DO PLAN PARCIAL SUD-5
"ICARIA IV" (Documento NRE 2026010534, do 15 de maio).
De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto na páxina web do concello www.oleiros.org, na sección de urbanismo, trámites de información pública, polo prazo DUN MES, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.
Oleiros, 2 de xuño de 2026
Ángel García Seoane
Alcalde-Presidente
Para consultalo documento -pinche aquí-.