Modificacións puntuais
Neste apartado da WEB iranse incorporando as Modificacións Puntuais do Plan Vixente aprobadas e as que se atopen en tramitación.
Neste apartado da WEB iranse incorporando as Modificacións Puntuais do Plan Vixente aprobadas e as que se atopen en tramitación.
Back MP Nº18, Retirada do Catálogo dun hórreo situado en Mera, polo trámite de modificación non substancial
Na sesión extraordinaria do Pleno que tivo lugar o 30 de abril de 2025, acordouse aprobar
inicialmente a modificación puntual núm. 18 do PXOM: Retirada do Catálogo dun hórreo situado en
Mera, polo trámite de modificación non substancial.
Mediante acordo do Pleno do 26 de decembro de 2025, aprobouse definitivamente a MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº 18 DO PXOM, RETIRADA DO CATÁLOGO DO ELEMENTO D-4 IDENTIFICADO COMO HÓRREO EN MERA (Documento asinado o 4 de xuño de 2025).
O obxecto da modificación puntual núm. 18 do PXOM de Oleiros é a descatalogación do elemento D-4 do catálogo de bens patrimoniais, correspondente a un hórreo situado en Mera (Serantes). Xustifícase pola súa falta de valor cultural, ao tratarse dunha construción recente, sen interese etnográfico nin arquitectónico. A súa inclusión no catálogo responde a un erro de localización. Proponse a súa eliminación mediante o procedemento simplificado previsto no artigo 83.5 da LSG.
A modificación entrará en vigor coa súa inscrición no Rexistro de Planeamento da Xunta de Galicia.
A continuación pode descargalo Acordo Plenario de aprobación definitiva.
e o documento completo en PDF para a súa consulta.