Atrás ESTUDO DE DETALLE DA PARCELA "F" DO PLAN PARCIAL SUD-5 "ICARIA IV"

A redacción do documento permite adecuar a ordenación da parcela ás rasantes definitivas resultado da execución da obra de urbanización cos pequenos axustes derivados da propia execución da obra. Permite ademais definir á rasante prevista de implantación e acoutar a posición da edificación sobre rasante.

O Estudo de Detalle ten por obxecto a ordenación da denominada Parcela F, resultante da agrupación das parcelas F-VPO (ref. catastral 1480612NH5918S0000ZF, 1.401 m²) e F-Libre (ref. catastral 1480611NH5918S0000SF, 1.157 m²), cunha superficie total de 2.558 m² segundo
o Catastro e de 2.557,15 m² segundo o “Informe de Cotas Rasante Viais, abril 2024”.

Documento aprobado NRE 2025024365, de 11 de novembro.

Para descargalo documento completo -pinche aquí-

NOTA: Pendente publicación en Rexistro de Planeamento Urbanístico da Xunta de Galicia..