O Servizo de Normalización Lingüística a partir de hoxe e ata o 25 de marzo mostrará a exposición Mulleres, na Fábrica. Esta exposición elaborada polo profesorado do IES María Casares coa colaboración do Concello de Oleiros no ano 2000 estuda detidamente a figura da muller nas diferentes artes ao longo da historia. Nela podemos ver figuras da literatura galega como Rosalía de Castro ou da arte internacional como Frida Kahlo.
Neste primeiro período o Concello vai expoñer os cadros dedicados á arte, á música e á literatura, deixando para a última semana de marzo os cadros sobre o pensamento e a ciencia.