Este domingo 14 de abril, ás 12.00 horas representarase a obra A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, baseada no libro homónimo.
O espectáculo terá lugar na Fábrica,para familias con nenos e nenas de máis de 2 anos. A entrada é gratuíta con invitación reservada previamente, o prazo abriu o pasado luns 8 de abril e xa non quedan prazas.
A toupiña saía do seu tobo e algo caeu na súa cabeza, a modo de pucho cheirento.Daquela, percorrerá todo o campo investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre…
Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo.
Nenas e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, porén, non sempre aparece en escena.