Recomendacións

Asset Publisher

Back A Biblioteca de Santa Cruz homenaxea a Clara Sánchez e César Mallorquí

Clara Sánchez, Premio Planeta 2013 

Nacéu en Guadalajara o 1 de marzo de 1955. Trasladouse a Madrid, onde reside, e licenciouse en Filoloxía Hispánica na Universidad Complutense. Adicouse durante anos ao ensino universitario, ata que se volcou de cheo á profesión de escritora. Participou no programa de televisión Qué grande es el cine, ademáis de colaboracións noutros medios como o xornal El País e a revista literaria El urogallo.
 
Obras de Clara Sánchez nas nosas bibliotecas
- Últimas noticias del paraíso (2000) - Premio Alfaguara 2000
- Lo que esconde tu nombre - Premio Nadal 2010 , Premio Mandarache 2013


César Mallorquí, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2013

O escritor barcelonés César Mallorquí gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa obra La isla de Bowen. O premio dotado con 20.000€, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deportes para distinguir o traballo dun autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e publicado en España en 2012

 
La isla de Bowen é unha historia de aventuras no estilo de Verne e Conan Doyle, con illas misteriosas, homicidios, minerais preciosos, heroes e manuscritos medievais. Mallorquí con esta novela foi galardoado co Premio Edebé 2012.
 
Obras de César Mallorquí nas nosas bibliotecas 
- La catedral (2000)
- La mansión Dax (2005)
- Leonis (2011)

 
En todas as Bibliotecas Municipais do Concello de Oleiros presentámosche mostras coas obras dispoñibles de ambos autores. Non chas perdas!