- Infantil - xuvenil:
"A miña primeira Rosalía". Edición de Xiana e Xosé Lastra. Ilustracións de María Manuela. CD con interpretacións de Mª Manuela, Mero, Mini e Xiana. En Xerais.
Rosalía de Castro é un símbolo para o pobo galego, unha das grandes poetas da literatura galega e española do século XIX e unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego.
"Tomás Nevinson" de Javier Marías. Editado por Alfaguara.
Tras a exitosa novela Berta Isla, chega a súa nova obra titulada Tomás Nevinson.
Tomás Nevinson, marido de Berta Isla, despois dun tempo desaparecido, incluso o deron por morto, é
un home decepcionado e destruído que volve, con 44 anos, para instalarse novamente en Madrid onde vivían a súa muller e os fillos con esta. Debemos lembrar que súa nai era española e o pai inglés. Pero, pasados uns anos, chámano para regresar aos Servizos Secretos británicos, e propóñenlle trasladarse a unha cidade do noroeste de España para identificar a unha muller (medio española e medio nor-irlandesa) que participou en atentados do IRA e de ETA. Estamos en 1997. O encargo faillo o seu antigo xefe Bertram Tupra, unha enigmática e complicada persoa que xa o enganara na súa mocidade, pero moi influínte en Reino Unido e en máis países. O seu ex-xefe sabe ben que ninguén abandona totalmente o mundo da espionaxe, e Nevinson terá que aprendelo á forza. Para levar a cabo a nova misión, deberá facerse pasar por un profesor de inglés.

O autor non quere que se encadre este libro como político e tampouco como un thriller, pero si podemos dicir que é de intriga e misterio, que presenta períodos históricos, personaxes moi ben traballados e o mundo da espionaxe. Reflexiona sobre o terrorismo e os límites aos que se pode chegar, que se pode facer para evitar un mal maior, como se determina ese mal maior, pero tamén sobre o medo, a culpa e as consecuencias das decisións de cada persoa.
Con esta obra o autor quere facer unha homenaxe a John Le Carré.
Unha inquietante e traballada novela, escrita coa mestría literaria que nos ten acostumados este excelente escritor.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.