Títulos recomendados o venres 11 de febreiro:
-
-Infantil:
"O insólito ascenso de Madame Pôl", texto e ilustracións de Nicolás Arispe Editado por Kalandraka
Madame Pôl ofrécese voluntaria nunha actuación dun mago. Acontece o que ninguén agardaba: Madame Pôl desaparece.
Libro en tapa dura e con magníficas ilustracións.
-
-Mozos-as e adultos-as:
"Barrio negro" de Georges Simenon Editado por Tusquets
Joseph Dupuche, enxeñeiro, chega a Panamá para traballar nunha empresa. Esta atópase sen fondos e vese obrigado a vivir no barrio negro, un arrabaldo pouco recomendábel.
Un libro dun escritor clásico plenamente actual.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR (MP3 - 2,028.5 KB) en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.