08/02/10
OBRADOIROS DE MÁSCARAS E ANTEFACES
Nas Bibliotecas Públicas Municipais, "Manuel María" de Oleiros e "Xograr Mendiño" de Lorbé, celebramos o martes 9 de febreiro ás 18:30 un obradoiro de máscaras e antefaces a través do que coñeceremos os diferentes personaxes e figuras do Entroido galego (choqueiros, peliqueiros, cigarróns, pantallas, etc.) .
- Divertirémonos ao tempo que saberemos máis da nosa cultura e etnografía.
- Para nenas e nenos a partir de 7 anos.
- Número máximo de participantes en cada obradoiro: 20
- Imprescindible inscrición na biblioteca na que desexes participar!!!
Contacta nos teléfonos:
- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María" de Oleiros: 981 610 700
- Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño" de Lorbé: 981 618 201