Tertulias literarias

Tertulias literarias

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar a ler  e a gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación, de maneira que compartindo ideas e eflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utilizan e analizar os textos escritos, os procedementos e as características máis importantes de cada obra. A actividade complétase con encontros con escritoras e escritores.

Tes máis información:

  • Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Tel.: 981 639 511
  • Na Biblioteca Pública Municipal ”Rosalía de Castro" de Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
  • No Teléfono do Veciño: 981 610 000  
 

Asset Publisher

Back Club de lectura de Literatura Fantástica: tempada 2019-20

/documents/39407/55544/DLFE-29125.pdf/d2577600-23f5-953d-ff1b-cbee77373062

Inscrición: desde o xoves 19 de setembro a partir das 8,15 h. poderaste inscribir no Club de Literatura Fantástica de Biblioteca Rialeda. A inscrición realizarase por teléfono (981 639 511) ou persoalmente na propia biblioteca. SÓ HAI 15 PRAZAS!
 
Unha vez ao mes gozaremos do pracer de viaxar a outros mundos e a outros tempos.

Anímate a participar!
- É unha actividade de balde
- Emprestámosche o libro


A primeira reunión será o venres, 4 de outubro, ás 18,30 horas.

Se o pensas demasiado, teremos que apuntarte na listaxe de agarda!