Homenaxes e conmemoracións

Homenaxes e conmemoracións

  • Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo)
  • Día Internacional do Libro (23 abril)
  • Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 abril)
  • Día das Letras Galegas (17 maio)

e outras datas de interese.

Asset Publisher

Back Día da poesía: 21 de marzo

http://www.un.org/es/events/poetryday/Cada 20, 21 de marzo comeza a primavera. Ese día celebramos o Día mundial da poesía. Bibloleiros quere sumarse a esta conmemoración pedindo a colaboración das-dos nosas-os lectoras-es. Participa en #VersosEn140 e envíanos versos a biblioteca.rialeda@oleiros.org, déixanolos escritos na Biblioteca Central Rialeda ou através de Contacta. Lembra que non podes exceder os 140 caracteres. 

Poden ser propios ou alleos, en calquera idioma. 

http://www.un.org/es/events/poetryday/ 
Afina o teu corazón e espalla os teus versos pola arañeira mundial adiante!!!

 

Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz imos celebrar o Día mundial da poesía dun xeito especial: convidamos a todos os nosos usuarios e usuarias a “Sementar de poesía os xardíns das Torres”. Durante toda a semana teremos unha serie de cartolinas en forma de flores diferentes, con poesías xa escritas e outras en branco nas que cada un podehttp://www.un.org/es/events/poetryday/ escribir palabras con xeito de poesías, retahílas, anacos de cancións, etc. Despois colgarémolas na parte exterior da biblioteca, no xardín que rodea o noso edificio e tamén na verxa da entrada.
O noso obxectivo é achegar a poesía a todas e todos de xeito que non se vexa como unha arte minoritaria ou alonxada da actualidade e da realidade.
Na Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé contamos cunha exposición bibliográfica de poesía infantil e unha actividade para debuxar sobre un poema. Estará toda a semana para todas-os que queran participar.http://www.un.org/es/events/poetryday/