O Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros realizará, desde o 19 ao 30 de outubro, unha serie de actividades para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro).
Nas oito Bibliotecas Municipais de Oleiros, o día 24, agasallaremos cun libro aos/ás novos/as socios/as e tamén a todos/as os/as usuarios/as que leven, ese mesmo día, algún fondo bibliográfico (libro, DVD, CD) en préstamo.
Actividades nas que podes participar:
1. Xoves, 25 de outubro: CONTACONTOS con Pavís-Pavós. Narrarán “A vaca que puxo un ovo”, “Oh!”, “Tío Lobo”, “Rei e rei”, “A granxa” (Actividade para nenas e nenos menores de 10 anos).
Na Biblioteca Pública Municipal Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro, Santa Cruz:
1. “Cantos máis da casa me leron”, escolla de libros infantís, xuvenís e de adultos/as, aos que se lle incorpora unha lapela para que todas as persoas da casa ou amigos que os lean escriban o seu nome. Ten como finalidade acercar o fondo a novos/as usuarios/as e posibles socios/as que estean relacionados dalgún xeito con persoas que normalmente utilizan o préstamo.
2. Mércores, 24 de outubro: CONTACONTOS con Andrea Bayer que contará “As xirafas non saben bailar”, “Os tres porquiños”, “Panatas non sabe nadar”, “O home do saco ten medo á escuridade” (Actividade para nenas e nenos menores de 10 anos).
3. “Sopa de títulos”, actividade de carácter lúdico, dirixida aos usuarios/as que asisten diariamente á biblioteca, e que consiste na búsqueda de títulos de libros recentes, nos paneis que se colocarán na entrada da biblioteca.
1.Taller de creación de marcapáxinas conmemorativos do Día da Biblioteca.
2. Venres, 19 de outubro: CONTACONTOS con Ramiro Neira. Narrará “O concurso de beleza”, “O pozo da mentira”, “Engurras”. (Actividade para nenas e nenos menores de 10 anos). 3. Exposición bibliográfica: "Ana Maria Machado, Premio Iberoamericano SM de LIJ 2012”
1. Un encrucillado infantil para a xente miúda.
2. Propostas de debuxos co tema da lectura e dos libros, para usuarias/os de educación infantil e primaria.
3. Exposición de libros para adultos/as considerados de gran calidade, literaria, científica, etc.
4. Selección de libros da editorial galega Kalandraka, recoñecida co “Premio ao Mellor Labor Editorial Cultural 2012”.
5. Elaboración de carteis alusivos á celebración.
6. Venres, 30 de outubro: CONTACONTOS con Pablísimo e os seus “Contos frikis” (Actividade para nenas e nenos menores de 10 anos).
Na Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca", Montrove
1. Martes, 23 de outubro: CONTACONTOS coa Avoa Violeta da Compañía do Trinke Trinke, que contará “O bidueiro de prata “, “Aínda nada?” (Actividade para nenas e nenos menores de 10 anos).
2. Pasatempos: Encrucillados e Sopa de Letras.
3. Exposición bibliográfica: “Contos de biblioteca”.
4. Exposición: "Libros da editorial Kalandraka, Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial Cultural 2012”.
Na Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso", Dorneda
1. Pasatempos: Encrucillados, sopa de Letras, baixo o lema “A Biblioteca e o seu contido”.
2. Exposicións bibliográficas: "Ana Maria Machado, Premio Iberoamericano SM de LIJ 2012”, "Editorial Kalandraka, Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial Cultural 2012”.
3. Luns, 29 de outubro: CONTACONTOS con Soledad Felloza, e os Contos de Magosto “El esqueleto ladrón”, “La pelusa asesina”, “Tuma la catumba”(Actividade para nenas e nenos menores de 10 anos).
Na Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole", Nós
1. Venres, 26 de outubro: CONTACONTOS a cargo de Marisa Irimia cos títulos “O paraugas máxico”, “O pirata naufragado”, “Chocolata” (Actividade para nenas e nenos menores de 10 anos) 2. Obradoiro de marcapáxinas.
3. Exposición bibliográfica: "Fondos da editorial Kalandraka, Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial Cultural 2012”.
1. Mércores 24 de outubro: CONTACONTOS con Marisa Irimia que narrará "A avoa Pepa e o coco...", "Un cuíño independente" (Actividade para nenas e nenos menores de 10 anos). 2. Exposición bibliográfica: "Editorial Kalandraka, Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial Cultural 2012”.
3. Pasatempos baixo o lema: “Como te ves na biblioteca”, sopas de letras, escribe a túa opinión sobre a biblioteca, concurso de debuxo.
Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na web e o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros.