Homenaxes e conmemoracións

Homenaxes e conmemoracións

Homenaxes e conmemoracións

  • Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo)
  • Día Internacional do Libro (23 abril)
  • Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 abril)
  • Día das Letras Galegas (17 maio)

e outras datas de interese.

Asset Publisher

Back Actividades de promoción da lectura "Abril, libros mil": de 13 a 17 de abril

/documents/39407/55553/DLFE-21135.pdf/13b2f691-8f14-62cf-5b8d-e6ec3179972d As Bibliotecas Municipais de Oleiros, conmemoran durante todo o mes e baixo o título de “Abril, libros mil”, o Día Internacional do Libro, organizando numerosas actividades de promoción da lectura para dinamizar as bibliotecas como espazos de ocio e aprendizaxe dirixidos a toda a poboación, actos que abarcan diferentes idades e distintos formatos:


Contacontos para nenas e nenos de 5 a 12 anos (ás 18:30 h.):
- 13 de abril: Biblioteca de Dorneda, con Trinke Trinke.
- 14 de abril: Biblioteca de Oleiros, con Ramiro Neira.
- 15 de abril: Biblioteca de Santa Cruz, con Gemola.
- 16 de abril: Biblioteca de Lorbé, con Caxoto.
- 17 de abril: Biblioteca de Nós. con Pablísimo.

http://www.unesco.org/new/es/unesco/events/prizes-and-celebrations/celebrations/international-days/world-book-and-copyright-day-2014/

Contacontos para nenas e nenos de 1 a 4 anos (ás 18:30 h.):
- 16 de abril: Biblioteca Central Rialeda, con Cucarandainas. Prazas esgotadas!!!

Tertulias literarias para mozas/os e adultas/os:
- 15 de abril: Biblioteca Central Rialeda (grupo A): comentario de "Las buenas personas" de Nir Baram.
- 22 de abril: Biblioteca Central Rialeda (grupo B): comentario de "La invención de Morel" de. A. Bioy Casares.
Na tertulia da Biblioteca de Santa Cruz estase lendo "Olive Kitteridge" de Elizabeth Strout.

Actividades para o alumnado dos centros públicos de ensino de Oleiros:

Biblioteca Central Rialeda:
- 14 de abril: Soledad Felloza con "Bailar nas nubes".
- 15 e 17 de abril: Visitas programadas incluíndo o contacontos "Feirantes" con Ramiro Neira.

Biblioteca de Santa Cruz:
- 14 de abril: Elefante elegante con "Lobo bobo".
- 16 e 17 de abril: Obradoiro de ilustración "Sensacións debuxadas" con Manel Cráneo.

Encontro coa escritora e activista Thamizhachi Thangapandian 

http://www.thamizhachithangapandian.com/

O luns 13 de abril, ás 10:45 horas, estará nas Torres de Santa Cruz a escritora e activista támil Thamizhachi Thangapandian para ter un encontro con alumnado dos tres institutos de Oleiros. Esta poeta visita Galicia a través da organización galega de cooperación ao desenvolvemento Implicadas no Desenvolvemento. A autora támil non é só unha das voces máis prestixiosas da escrita poética en lingua támil, senón que tamén é unha traballadora incansable a prol da palabra das mulleres.

Nas vindeiras semanas proseguirán máis actividades para o alumnado: “De Fole a Miranda” que é un contacontos de relatos de Ánxel Fole e Xosé Miranda; “Mitos e deidades: Mitoloxía da antiga Gallaecia” conferencia a cargo de Manuel Gago; recital de poesías de “Campos de Castilla” de Antonio Machado; “Mulleres que corren con lobos” a cargo de Inés Cuadrado e o músico Xocas Meijide; obradoiro xuvenil de poesía coa poeta Yolanda Castaño; actividade sobre Martín Codax co músico Juan Carlos Vázquez; “Contos escollidos” de Emilia Pardo Bazán a cargo de Soledad Felloza.