Asset Publisher

Back O Entroido nas Bibliotecas Municipais de Oleiros

/documents/39407/55553/DLFE-23302.pdf/45298e53-b99f-9493-cc4f-10eb0b688f24

Este Entroido, as nenas e os nenos que o desexen poderán participar nos Obradoiros de creación de máscaras doutras culturas que se celebrarán nas sete bibliotecas municipais. As nenas e os nenos participantes elaborarán máscaras doutras culturas nun lúdico e divertido obradoiro de creacións artísticas e manuais. Están dirixidos a nenas e nenos a partir de 5 anos de idade. Cada obradoiro pode ter un máximo de 20 participantes. É imprescindible inscribirse na biblioteca na que se desexe participar. Poderanse inscribir desde dez días antes da data de celebración da actividade. Terán lugar as 18:00 horas.
As datas son as seguintes: 


1 de febreiro: Biblioteca Mª José Ruso. Dorneda. Tel.: 981 626 638
2 de febreiro: Biblioteca Manuel María. Oleiros. Tel.: 981 610 700
3 de febreiro: Biblioteca Rosalía de Castro. Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
4 de febreiro: Biblioteca Xograr Mendiño. Lorbé. Tel.: 981 618 201
5 de febreiro: Biblioteca Mª José Trincado. Mera. Tel.: 981 628 507
11 de febreiro: Biblioteca Central Rialeda. Tel.: 981 639  511
12 de febreiro: Biblioteca Ánxel Fole. Nós. Tel.: 981 664 257

En todas estas bibliotecas tamén se realizarán exposicións de libros relacionados con Entroido: de disfraces, de distintos tipos de traxes históricos ou de personaxes de contos, de maquillaxe, de caretas, de actividades manuais, de festas tradicionais, de cociña, etc.
Animamos aos nenos e nenas a que se inscriban nos obradoiros e que, xunto cos seus pais e nais, leven libros en préstamo para a casa das distintas temáticas relacionadas co Entroido.