Asset Publisher

Back Exposición "Plus de lumiére" (dvd cine francés) en Rialeda

 
Na Biblioteca Central Rialeda
2º andar (Sala de audiovisuais)

Propoñémoste unha inmersión total nun século de cine francés a través da nosa colección de dvds.
 
 
Deixando aparte a eterna polémica sobre a paternidade francesa do cine cos Irmáns Lumière ou norteamericana con Thomas A. Edison, o certo e que poucas cinematografías "nacionais" teñen un sabor tan definido como a francesa, pioneira e vangardista como poucas, e á vez intimista e abertamente sofisticada.
 
Ofrecemos unha selección clasificada nas seguintes seccións xenéricas:

- Comedias (Bienvenidos al Norte, Peregrinos, etc.)
- Os Clásicos (Al final de la escapada, Un hombre y una mujer, La gran ilusión, etc.)
- Nov@s autor@s (Bordadoras, La clase, El odio, etc.)
- As biografías (Van Gogh, Las aventuras amorosas del joven Molière, La vida en rosa)

...adicando especial atención a directores como:

- Claude Berri (El manantial de las colinas, Germinal, Juntos nada más)
- Jeunet & Caro (Delicatessen, Amelie, La ciudad de los niños perdidos)
- Alain Resnais (Providence, Hiroshima mon amour, La guerra ha terminado)
- Bertrand Tavernier (Hoy empieza todo, La pequeña Lola)
- Eric Rohmer (El amigo de mi amiga, Pauline en la playa, etc.)

Déixate seducir por un século de cinema française!