Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Image 8 de abril: Soledad Felloza nas Torres de Santa Cruz con 8 de abril: Soledad Felloza nas Torres de Santa Cruz con "Xeografía do imaxinario"

8 de abril: Soledad Felloza nas Torres de Santa Cruz con "Xeografía do imaxinario"

Soledad Felloza nas Torres de Santa Cruz con "Xeografía do imaxinario" para alumnado do IES Neira Vilas

    Image 7, 9, 10 e 11 de abril: 7, 9, 10 e 11 de abril: "Hip-Hop, poema Pop" en As Torres. Santa Cruz

    7, 9, 10 e 11 de abril: "Hip-Hop, poema Pop" en As Torres. Santa Cruz

    Para o alumnado de 2º de ESO do IES Neira Vilas e 5º e 6º de Primaria do CEIP Valle Inclán.

      Image 7 de abril: Yolanda Castaño na Biblioteca Central Rialeda 7 de abril: Yolanda Castaño na Biblioteca Central Rialeda

      7 de abril: Yolanda Castaño na Biblioteca Central Rialeda

      Obradoiro xuvenil de poesía para o alumnado de 4º ESO do IES Neira Vilas.

        Image 4 e 8 de abril: Trinke Trinke en As Torres. Santa Cruz 4 e 8 de abril: Trinke Trinke en As Torres. Santa Cruz

        4 e 8 de abril: Trinke Trinke en As Torres. Santa Cruz

        Co espectáculo "O cole de lonxe de todo", dirixido ao alumnado de Educación Infantil do CEIP Luis Seoane.

          Image En abril, libros mil: propostas para o mes do libro e da lectura En abril, libros mil: propostas para o mes do libro e da lectura

          En abril, libros mil: propostas para o mes do libro e da lectura

          Actividades para todas as idades, dirixidas ao público en xeral e ao alumnado dos centros públicos do Concello.