Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Image 26 de abril: A Compañía Trinke Trinke na Biblioteca Manuel María 26 de abril: A Compañía Trinke Trinke na Biblioteca Manuel María

26 de abril: A Compañía Trinke Trinke na Biblioteca Manuel María

26 de abril: A Compañía Trinke Trinke na Biblioteca Manuel María para alumnado do CEIP Rabadeira

    Image 23 de abril: Yolanda Castaño na Biblioteca Manuel María de Oleiros 23 de abril: Yolanda Castaño na Biblioteca Manuel María de Oleiros

    23 de abril: Yolanda Castaño na Biblioteca Manuel María de Oleiros

    Yolanda Castaño celebrará un Obradoiro infantil de poesía na Biblioteca Manuel María de Oleiros para alumnado do CEIP Rabadeira

      Image 22 e 25 de abril: Obradoiros de ilustración (perfeccionamento) con Xosé Tomás en Rialeda 22 e 25 de abril: Obradoiros de ilustración (perfeccionamento) con Xosé Tomás en Rialeda

      22 e 25 de abril: Obradoiros de ilustración (perfeccionamento) con Xosé Tomás en Rialeda

      Obradoiros de ilustración (perfeccionamento) con Xosé Tomás en Rialeda para alumnado do CEIP Valle Inclán de Perillo

        Image 12 de abril: Roi Vidal e Laura Ponte no Teatro As Torres de Santa Cruz 12 de abril: Roi Vidal e Laura Ponte no Teatro As Torres de Santa Cruz

        12 de abril: Roi Vidal e Laura Ponte no Teatro As Torres de Santa Cruz

        Roi Vidal e Laura Ponte no Teatro As Torres de Santa Cruz: escenificarán a obra "Bailadela da morte ditosa" e falarán da vida e obra de Roberto...

          Image 9 de abril: Obradoiro de poesía no IES Miraflores de Oleiros 9 de abril: Obradoiro de poesía no IES Miraflores de Oleiros

          9 de abril: Obradoiro de poesía no IES Miraflores de Oleiros

          Obradoiro de poesía no IES Miraflores de Oleiros a cargo da poeta Yolanda Castaño

            Image 4 de abril: Compañía do Trinke Trinke en Santa Cruz 4 de abril: Compañía do Trinke Trinke en Santa Cruz

            4 de abril: Compañía do Trinke Trinke en Santa Cruz

            Actividade dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Primaria do CEIP Luis Seoane.

              Image 3 de abril: Obradoiro de Ilustración con Marina Seoane en Santa Cruz 3 de abril: Obradoiro de Ilustración con Marina Seoane en Santa Cruz

              3 de abril: Obradoiro de Ilustración con Marina Seoane en Santa Cruz

              Na Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz Actividade dirixida ao alumnado do CEIP Parga Pondal.

                Image "Contos marabillosos" en Rialeda e na Biblioteca de Santa Cruz

                "Contos marabillosos" en Rialeda e na Biblioteca de Santa Cruz

                Do 2 ao 5 de abril. Actividades dirixidas ao alumnado do CEIP Parga Pondal e CEIP Valle Inclán.

                  Image 21 de marzo: Soledad Felloza no Teatro As Torres 21 de marzo: Soledad Felloza no Teatro As Torres

                  21 de marzo: Soledad Felloza no Teatro As Torres

                  Actividade dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato do IES Miraflores.

                    Image 25 de febreiro: Obradoiro de Teatro no IES Miraflores 25 de febreiro: Obradoiro de Teatro no IES Miraflores

                    25 de febreiro: Obradoiro de Teatro no IES Miraflores

                    Obradoiro de Teatro no IES Miraflores sobre obras de Roberto Vidal Bolaño, a cargo de Rubén Ruibal

                      Image 21 de febreiro: Poe x Felloza en Santa Cruz 21 de febreiro: Poe x Felloza en Santa Cruz

                      21 de febreiro: Poe x Felloza en Santa Cruz

                      Ás 10,45 h. no Teatro As Torres. Actividade para o alumnado de 1º ESO do IES Miraflores.

                        Image 10 e 11 de xaneiro: Visitas do alumnado do IES Miraflores á Biblioteca Central Rialeda 10 e 11 de xaneiro: Visitas do alumnado do IES Miraflores á Biblioteca Central Rialeda

                        10 e 11 de xaneiro: Visitas do alumnado do IES Miraflores á Biblioteca Central Rialeda

                        Explicaráselles a historia do edificio, coñecendo as diferentes salas e servizos, xunto cunha demostración audiovisual sobre o funcionamento do...

                          Image Actividades de Fomento da Lectura 2012-2013 Actividades de Fomento da Lectura 2012-2013

                          Actividades de Fomento da Lectura 2012-2013

                          Descobre a XXII Campaña de Promoción da Lectura das Bibliotecas Municipais.

                            Image 30 de maio: Roteiro Cultural e Literario 30 de maio: Roteiro Cultural e Literario

                            30 de maio: Roteiro Cultural e Literario

                            Actividade organizada entre o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística e o Instituto Miraflores.

                              Image 29 de maio: 29 de maio: "Hip-Hop, poema Pop" na Biblioteca de Santa Cruz

                              29 de maio: "Hip-Hop, poema Pop" na Biblioteca de Santa Cruz

                              2 sesións, ás 10.30 e 12:00 h. Actividade dirixida ao alumnado de 5º e 6º de ensinanza primaria do CEIP Isidro Parga Pondal

                                Image Obradoiros de Ilustración con Xosé Tomás e Contos con Soledad Felloza para alumnado do CEIP Rab Obradoiros de Ilustración con Xosé Tomás e Contos con Soledad Felloza para alumnado do CEIP Rab

                                Obradoiros de Ilustración con Xosé Tomás e Contos con Soledad Felloza para alumnado do CEIP Rab

                                Obradoiros de Ilustración con Xosé Tomás e Contos con Soledad Felloza para alumnado do CEIP Rabadeira na Biblioteca de Oleiros

                                  Image Aviso importante: cambio de data de actividades Aviso importante: cambio de data de actividades

                                  Aviso importante: cambio de data de actividades

                                  Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz.

                                    Image 14 de maio: 14 de maio: "Os Contos de Paula" na Biblioteca Central Rialeda

                                    14 de maio: "Os Contos de Paula" na Biblioteca Central Rialeda

                                    Hora: de 10 a 11 h. Actividade dirixida ao alumnado de 4º A e B de Primaria do CEIP Valle Inclán.

                                      Image 19 abril: 19 abril: "Senticontos" na Biblioteca Central Rialeda

                                      19 abril: "Senticontos" na Biblioteca Central Rialeda

                                      Actividade dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria do CEIP Valle-Inclán de Perillo.

                                        Image 19 abril: 19 abril: "Contos marabillosos" na Biblioteca de Santa Cruz

                                        19 abril: "Contos marabillosos" na Biblioteca de Santa Cruz

                                        Actividade dirixida ao alumnado de 2º e 3º de Educación Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal

                                          Image 17 e 18 de abril: 17 e 18 de abril: "Cen anos de maxia" na Biblioteca Central Rialeda

                                          17 e 18 de abril: "Cen anos de maxia" na Biblioteca Central Rialeda

                                          Hora: 10,30. Actividade dirixida ao alumnado de 4º e 2º de ESO do IES Neira Vilas

                                            Image 11 de abril: 11 de abril: "Contos contados con todas e todos" na Biblioteca de Oleiros

                                            11 de abril: "Contos contados con todas e todos" na Biblioteca de Oleiros

                                            Para o alumnado de 3º e 4º de Primaria do CEIP A Rabadeira. Hora: 2 sesións, ás 10:10 e 11:40 h.