Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Image 23 de maio: 23 de maio: "Hip-Hop, poema Pop" en As Torres de Santa Cruz

23 de maio: "Hip-Hop, poema Pop" en As Torres de Santa Cruz

"Hip-Hop, poema Pop" en As Torres de Santa Cruz para alumnado do IES María Casares

    Image 22 de maio: Yolanda Castaño na Biblioteca Manuel María 22 de maio: Yolanda Castaño na Biblioteca Manuel María

    22 de maio: Yolanda Castaño na Biblioteca Manuel María

    Yolanda Castaño imparte un Obradoiro infantil de perfeccionamento de poesía na Biblioteca Manuel María

      Image 15 e 19 de maio: Roteiro Cultural e Literario 15 e 19 de maio: Roteiro Cultural e Literario

      15 e 19 de maio: Roteiro Cultural e Literario

      Actividade organizada entre o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística e o IES Miraflores.

        Image 14 de maio: Paula Carballeira en Rialeda 14 de maio: Paula Carballeira en Rialeda

        14 de maio: Paula Carballeira en Rialeda

        Sesión de contacontos para o alumnado da EEI "O Vilar" de Nós.

          Image 7 de maio: 7 de maio: "Contos terribles" con Pablísimo na Biblioteca de Santa Cruz

          7 de maio: "Contos terribles" con Pablísimo na Biblioteca de Santa Cruz

          Na Biblioteca de Santa Cruz haberá contos terribles, terroríficos, espantosos e horripilantes...

            Image 8 de maio: Manel Cráneo na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz 8 de maio: Manel Cráneo na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz

            8 de maio: Manel Cráneo na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz

            Manel Cráneo imparte un Obradoiro de banda deseñada na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz

              Image 6 de maio: Caxoto n' As Torres de Santa Cruz 6 de maio: Caxoto n' As Torres de Santa Cruz

              6 de maio: Caxoto n' As Torres de Santa Cruz

              Caxoto n' As Torres de Santa Cruz con "Un conto de tres noites"

                Image 30 de abril: Trinke Trinke na Biblioteca de Santa Cruz 30 de abril: Trinke Trinke na Biblioteca de Santa Cruz

                30 de abril: Trinke Trinke na Biblioteca de Santa Cruz

                Única sesión ás 12 h. para o alumnado de Educación Infantil (3 anos) do CEIP Parga Ponda. Poráse en escea o espectáculo "O cole de lonxe de todo".

                  Image 30 de abril: Visita de alumnado do IES de Viós (Abegondo) á Biblioteca Central Rialeda 30 de abril: Visita de alumnado do IES de Viós (Abegondo) á Biblioteca Central Rialeda

                  30 de abril: Visita de alumnado do IES de Viós (Abegondo) á Biblioteca Central Rialeda

                  A partir das 10 h. O alumnado virá acompañado polo narrador oral, autor, director de escea e guionista Cándido Pazó.

                    Image 24 e 25 de abril: 24 e 25 de abril: "Viaxe a París" con Trinke Trinke en Santa Cruz e Oleiros

                    24 e 25 de abril: "Viaxe a París" con Trinke Trinke en Santa Cruz e Oleiros

                    Para alumnado de Educación Infantil (5 anos) do CEIP Parga Pondal e alumnado de 2º de Primaria do CEIP A Rabadeira.

                      Image 23 e 25 de abril: Manel Cráneo na Biblioteca 23 e 25 de abril: Manel Cráneo na Biblioteca "Rosalía de Castro". Santa Cruz

                      23 e 25 de abril: Manel Cráneo na Biblioteca "Rosalía de Castro". Santa Cruz

                      Para o alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP Luis Seoane e do CEIP Parga Pondal respectivamente.

                        Image Matapiollos Teatro en As Torres: 22 de abril Matapiollos Teatro en As Torres: 22 de abril

                        Matapiollos Teatro en As Torres: 22 de abril

                        Contacontos teatral a cargo de Matapiollos Teatro, para alumnado de primaria do CEIP Luis Seoane.

                          Image Matapiollos Teatro na Biblioteca de Oleiros: 10 e 11 de abril Matapiollos Teatro na Biblioteca de Oleiros: 10 e 11 de abril

                          Matapiollos Teatro na Biblioteca de Oleiros: 10 e 11 de abril

                          Contacontos teatral a cargo de Matapiollos Teatro, para alumnado de educación primaria do CEIP Rabadeira

                            Image Soledad Felloza na Biblioteca Rialeda: 9, 10 e 11 de abril Soledad Felloza na Biblioteca Rialeda: 9, 10 e 11 de abril

                            Soledad Felloza na Biblioteca Rialeda: 9, 10 e 11 de abril

                            A actriz, contacontos e fotógrafa Soledad Felloza participará na XXIII Campaña de promoción da lectura nas Bibliotecas Públicas Municipais

                              Image 9 de abril: Caxoto na Biblioteca Central Rialeda 9 de abril: Caxoto na Biblioteca Central Rialeda

                              9 de abril: Caxoto na Biblioteca Central Rialeda

                              10,15 h. Para o alumnado dos grupos A e B de 4º de Primaria do CEIP Valle Inclán.

                                Image 8 de abril: Soledad Felloza nas Torres de Santa Cruz con 8 de abril: Soledad Felloza nas Torres de Santa Cruz con "Xeografía do imaxinario"

                                8 de abril: Soledad Felloza nas Torres de Santa Cruz con "Xeografía do imaxinario"

                                Soledad Felloza nas Torres de Santa Cruz con "Xeografía do imaxinario" para alumnado do IES Neira Vilas

                                  Image 7, 9, 10 e 11 de abril: 7, 9, 10 e 11 de abril: "Hip-Hop, poema Pop" en As Torres. Santa Cruz

                                  7, 9, 10 e 11 de abril: "Hip-Hop, poema Pop" en As Torres. Santa Cruz

                                  Para o alumnado de 2º de ESO do IES Neira Vilas e 5º e 6º de Primaria do CEIP Valle Inclán.

                                    Image 7 de abril: Yolanda Castaño na Biblioteca Central Rialeda 7 de abril: Yolanda Castaño na Biblioteca Central Rialeda

                                    7 de abril: Yolanda Castaño na Biblioteca Central Rialeda

                                    Obradoiro xuvenil de poesía para o alumnado de 4º ESO do IES Neira Vilas.

                                      Image 4 e 8 de abril: Trinke Trinke en As Torres. Santa Cruz 4 e 8 de abril: Trinke Trinke en As Torres. Santa Cruz

                                      4 e 8 de abril: Trinke Trinke en As Torres. Santa Cruz

                                      Co espectáculo "O cole de lonxe de todo", dirixido ao alumnado de Educación Infantil do CEIP Luis Seoane.

                                        Image En abril, libros mil: propostas para o mes do libro e da lectura En abril, libros mil: propostas para o mes do libro e da lectura

                                        En abril, libros mil: propostas para o mes do libro e da lectura

                                        Actividades para todas as idades, dirixidas ao público en xeral e ao alumnado dos centros públicos do Concello.