Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Image Día das Letras Galegas 2019 adicado a Antonio Fraguas Día das Letras Galegas 2019 adicado a Antonio Fraguas

Día das Letras Galegas 2019 adicado a Antonio Fraguas

Contacontos, exposicións bibliográficas, etc. nas bibliotecas municipais

    Image En abril, libros mil!!! En abril, libros mil!!!

    En abril, libros mil!!!

    En abril estamos de celebración

      Image Homenaxe a Xabier P. DoCampo Homenaxe a Xabier P. DoCampo

      Homenaxe a Xabier P. DoCampo

      Lembramos o escritor e amigo con diversas actividades

        Image Soledad Felloza alumea o Día de Rosalía en Rialeda Soledad Felloza alumea o Día de Rosalía en Rialeda

        Soledad Felloza alumea o Día de Rosalía en Rialeda

        "Cómo chove miudiño... cómo miudiño chove!". Cancións, poemas e tamén sabores do tempo de Rosalía.

          Image 1 de febreiro: comeza a Campaña de Animación á Lectura 1 de febreiro: comeza a Campaña de Animación á Lectura

          1 de febreiro: comeza a Campaña de Animación á Lectura

          Obradoiro de creación literaria "Do fantástico ao neofantástico: Julio Cortázar" impartido por Isabel Andrés no IESP Neira Vilas. Dirixido a...

            Image 23 de abril, Día do Libro 2018 23 de abril, Día do Libro 2018

            23 de abril, Día do Libro 2018

            Participa nas actividades de Bibloleiros!!!

              Image Abril, mes dos libros 2018, en Bibloleiros Abril, mes dos libros 2018, en Bibloleiros

              Abril, mes dos libros 2018, en Bibloleiros

              Coñece as actividades para celebrar o mes dos libros