Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Image 24 de marzo: 24 de marzo: "Viaxe a París" con Trinke Trinke en Rialeda

24 de marzo: "Viaxe a París" con Trinke Trinke en Rialeda

Ás 10,15 h. Actividade dirixida ao alumnado de 2ª B e C de Primaria do CEIP Valle Inclán.

    Image 21 de marzo: 21 de marzo: "Abrapalabra" con Matapiollos Teatro. Santa Cruz

    21 de marzo: "Abrapalabra" con Matapiollos Teatro. Santa Cruz

    Espectáculo de maxia, poesía, contos e xogos de palabras dirixido ao alumnado de 1º e 2º de Primaria do CEIP Luis Seoane.

      Image 18, 19 e 20 de marzo: Obradoiros de ilustración con Óscar Villán en Santa Cruz 18, 19 e 20 de marzo: Obradoiros de ilustración con Óscar Villán en Santa Cruz

      18, 19 e 20 de marzo: Obradoiros de ilustración con Óscar Villán en Santa Cruz

      Actividade dirixida ao alumnado 2º A e B de Educación Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz.

        Image 11 de marzo: 11 de marzo: "Viaxe a París" con Trinke Trinke en Rialeda

        11 de marzo: "Viaxe a París" con Trinke Trinke en Rialeda

        A Compañía Trinke Trinke actúa na Biblioteca Central Rialeda para alumnado de Educación Primaria do CEIP Valle-Inclán

          Image 27 de febreiro: 27 de febreiro: "Viaxe a París" con Trinke Trinke en Santa Cruz

          27 de febreiro: "Viaxe a París" con Trinke Trinke en Santa Cruz

          A Compañía Trinke Trinke actúa n' As Torres de Santa Cruz para alumnado de Educación Infantil do CEIP Luís Seoane

            Image 26 de febreiro: 26 de febreiro: "Contos terribles" con Pablísimo en Oleiros

            26 de febreiro: "Contos terribles" con Pablísimo en Oleiros

            Pablísimo actúa na Biblioteca Manuel María para alumnado de 4º de Educación Primaria do CEIP Rabadeira

              Image 24 de febreiro: Uxía canta a Rosalía de Castro, nas Torres de Santa Cruz 24 de febreiro: Uxía canta a Rosalía de Castro, nas Torres de Santa Cruz

              24 de febreiro: Uxía canta a Rosalía de Castro, nas Torres de Santa Cruz

              Ás 18,30 h. Concerto especialmente dirixido ao público infantil e familiar. Aforo limitado.

                Image 24, 25 e 27 de febreiro: 24, 25 e 27 de febreiro: "Contos con ovos" con Pablísimo en Rialeda

                24, 25 e 27 de febreiro: "Contos con ovos" con Pablísimo en Rialeda

                Pablísimo actúa en Rialeda para alumnado de Educación Infantil de 3, 4 e 5 anos do CEIP Valle-Inclán

                  Image 19 febreiro: 19 febreiro: "Contos do candil que ningué cre" no Teatro As Torres

                  19 febreiro: "Contos do candil que ningué cre" no Teatro As Torres

                  Hora: 10,40. Actividade dirixida ao alumnado de 4º de ESO A, B e C do IES María Casares.

                    Image Manuel Rivas e Manuel Rivas e "O raposo e a mestra" en Oleiros: 12 de febreiro

                    Manuel Rivas e "O raposo e a mestra" en Oleiros: 12 de febreiro

                    Manuel Rivas manterá dous encontros literarios, arredor da súa obra "O raposo e a mestra", con alumnado de 3º e 4º curso de E. P. dos centros de...

                      Image O teatro de Manuel Lugrís: conferencia de Francisco Pillado O teatro de Manuel Lugrís: conferencia de Francisco Pillado

                      O teatro de Manuel Lugrís: conferencia de Francisco Pillado

                      Francisco Pillado impartirá a conferencia titulada "O teatro de Mnauel Lugrís" n'As Torres de Santa Cruz o 18 de decembro