Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Image 27 maio 2016: Trinke Trinke en Oleiros 27 maio 2016: Trinke Trinke en Oleiros

27 maio 2016: Trinke Trinke en Oleiros

Dúas sesións: 10 e 11,10 h. Para alumnado de Educación Infantil (3 e 4 anos) do CEIP A Rabadeira.

    Image Día do Libro nas Bibliotecas Municipais de Oleiros Día do Libro nas Bibliotecas Municipais de Oleiros

    Día do Libro nas Bibliotecas Municipais de Oleiros

    Actividades para promover a lectura e o fomento da utilización dos libros, dando a coñecer as bibliotecas municipais non só como lugares de estudo...

      Image 29 febreiro 2016: 29 febreiro 2016: "Xeografía do imaxinario" con Soledad Felloza en Rialeda

      29 febreiro 2016: "Xeografía do imaxinario" con Soledad Felloza en Rialeda

      Campaña de Animación á Lectura 2016. Actividade dirixida ao alumnado de 1º de ESO do I.E.S. Neira Vilas.

        Image Programa de Actividades para os Centros de Ensino Público 2016 Programa de Actividades para os Centros de Ensino Público 2016

        Programa de Actividades para os Centros de Ensino Público 2016

        Febreiro a Xuño 2016. 41 actividades diferentes nas que participarán máis de 3400 alumnos e alumnas.

          Image 27 de abril: 27 de abril: "Contos do candil que ninguén cre" en Rialeda

          27 de abril: "Contos do candil que ninguén cre" en Rialeda

          16,50 h. no 2º andar da biblioteca. Actividade dirixida ao alumnado de 2º A e B da ESO do I.E.S. María Casares

            Image Festa do día do libro en Bibloleiros: ¿Abril, libros mil¿ Festa do día do libro en Bibloleiros: ¿Abril, libros mil¿

            Festa do día do libro en Bibloleiros: ¿Abril, libros mil¿

            Contacontos, exposicións bibliográficas, espectáculos teatrais e moito máis para celebrar o día do libro

              Image Actividades de promoción da lectura Actividades de promoción da lectura "Abril, libros mil": de 13 a 17 de abril

              Actividades de promoción da lectura "Abril, libros mil": de 13 a 17 de abril

              Conmemoración do Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor/a nas Bibliotecas Municipais.

                Image A poeta támil Thamizhachi Thangapandian estará n'As Torres de Santa Cruz: 13 de abril A poeta támil Thamizhachi Thangapandian estará n'As Torres de Santa Cruz: 13 de abril

                A poeta támil Thamizhachi Thangapandian estará n'As Torres de Santa Cruz: 13 de abril

                Nun encontro con alumnado do IESP Neira Vilas (Perillo), IES Miraflores (Oleiros) e IES María Casares (Santa Cruz)