Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Image Obradoiros de Curtametraxes no IES Miraflores no mes de decembro Obradoiros de Curtametraxes no IES Miraflores no mes de decembro

Obradoiros de Curtametraxes no IES Miraflores no mes de decembro

Os días 11, 17, 18 e 20. A cargo do xornalista e director de documentais Xes Chapela.

    Image Instantáneas de plastilina Instantáneas de plastilina

    Instantáneas de plastilina

    12 escenas con personaxes de masa para modelar que podes ver en Rialeda

      Image 4 e 5 de xuño: a Compañía Trinke Trinke na Biblioteca Central Rialeda 4 e 5 de xuño: a Compañía Trinke Trinke na Biblioteca Central Rialeda

      4 e 5 de xuño: a Compañía Trinke Trinke na Biblioteca Central Rialeda

      4 e 5 de xuño: A Compañía Trinke Trinke levará a cabo o contacontos "Un nacemento especial" para alumnado do CEIP Valle-Inclán de Perillo.

        Image 31 de maio e 5 de xuño: Ler conta Moito en Mera e Lorbé 31 de maio e 5 de xuño: Ler conta Moito en Mera e Lorbé

        31 de maio e 5 de xuño: Ler conta Moito en Mera e Lorbé

        Ás 18,30 h. Actuacións de Raquel Queizás (Biblioteca de Mera) co espectáculo "Contos da maletra" e da Asociación Cultural Oficios Antigos e...

          Image 28 de maio: A Compañía Trinke Trinke na Biblioteca Manuel María 28 de maio: A Compañía Trinke Trinke na Biblioteca Manuel María

          28 de maio: A Compañía Trinke Trinke na Biblioteca Manuel María

          Actividade dirixida ao alumnado de 2º de Primaria do CEIP A Rabadeira de Oleiros.

            Image 16 de maio: Soledad Felloza na Biblioteca Central Rialeda 16 de maio: Soledad Felloza na Biblioteca Central Rialeda

            16 de maio: Soledad Felloza na Biblioteca Central Rialeda

            16 de maio: Soledad Felloza na Biblioteca Central Rialeda co contacontos teatralizado da obra de Carlos Casares, "As laranxas máis laranxas de...

              Image 15 de maio: Manel Cráneo na Biblioteca 15 de maio: Manel Cráneo na Biblioteca "Rosalía de Castro". Santa Cruz

              15 de maio: Manel Cráneo na Biblioteca "Rosalía de Castro". Santa Cruz

              15 de maio: obradoiro de banda deseñada na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz para alumnado do CEIP Isidro Parga Pondal, a cargo de Manel...

                Image Roteiro Cultural e Literario 2013 Roteiro Cultural e Literario 2013

                Roteiro Cultural e Literario 2013

                Coñece a Syra Alonso, Francisco Miguel e a "Casa da felicidade" en Santa Cruz, Fanny Garrido e Marcial del Adalid no Pazo de Lóngora e Francisca...

                  Image 3 de maio: Yolanda Castaño na Biblioteca Manuel María de Oleiros 3 de maio: Yolanda Castaño na Biblioteca Manuel María de Oleiros

                  3 de maio: Yolanda Castaño na Biblioteca Manuel María de Oleiros

                  Yolanda Castaño celebrará un Obradoiro infantil de poesía na Biblioteca Manuel María de Oleiros para alumnado do CEIP Rabadeira