Campaña de animación á lectura

Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Back http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2015/05/actividades-de-promocion-da-lectura_1.html

/documents/39407/55553/DLFE-21135.pdf/13b2f691-8f14-62cf-5b8d-e6ec3179972d

As Bibliotecas Municipais de Oleiros, na semana de 19 a 22 de maio levarán a cabo as seguintes actividades de promoción da lectura dirixidas a alumnado dos centros de ensino público de Oleiros:
 
- Biblioteca Manuel María. Oleiros
O martes 19 de maio, Caxoto Contacontos narrará "Un conto de tres noites". Ás 10:30 participa o alumnado de 4º C e ás 11:50 o de 3º A de EP do CEIP Rabadeira.
O mércores 20 de maio, ás 10:40, a compañía de teatro Elefante Elegante poñerá en escena "Lobo bobo", para alumnado de 1º A e B de EP do CEIP Rabadeira.
O venres 22 de maio, ás 10:10, Soledad Felloza contará "Bailar nas nubes" para o alumnado de 3º A de EP do CEIP Rabadeira. Ás 11:40 participa 5º A e B de E. I. do mesmo centro.
 
- Biblioteca Municipal Rosalía de Castro e As Torres de Santa Cruz
O mércores 20 de maio, a partir das 8:30, comezará o "Roteiro cultural e literario 2015". Participará o alumnado de 1º de bacharelato do IES Miraflores, 4º de ESO do IESP Neira Vilas e 3º de ESO do IES María Casares.
O xoves 21 de maio, a partir das 9:00, segunda sesión do "Roteiro cultural e literario 2015". Participará o alumnado de 6º de EP do CEIP Luís Seoane e 6º de EP do CEIP Parga Pondal.

- Biblioteca Central Rialeda. Perillo
O venres 22 de maio, ás 10:30, a compañía de teatro Elefante Elegante actuará para o para alumnado da Escola Infantil de Nós con "Lobo bobo".