Campaña de animación á lectura

Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Back Hora do Conto e Ler conta moito: semana do 30 de setembro ao 4 de outubro

Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Luns 30 de setembro
ARTISTA: Elefante Elegante
ESPECTÁCULO: "O aviador"

Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 1 de outubro
ARTISTA: Compañía Sarabela Teatro
ESPECTÁCULO: "Contacontos"

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 2 de outubro
ARTISTA: María Noel Toledo
ACTIVIDADE:  "Instantáneas de plastilina"
*Prazas limitadas. Imprescindible inscribirse no 981 626 338

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Mércores 2 de outubro
ARTISTA: Nita
ESPECTÁCULO: "A ciencia é divertida"
- 1ª sesión: 17 h.: nenas e nenos de 0 a 3 anos
- 2ª sesión: 18,30 h.: nenas e nenos de 3 a 6 anos
*Prazas limitadas. Imprescindible inscribirse no 981 618 201

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 3 de outubro
ARTISTA: Elefante Elegante
ESPECTÁCULO: "O aviador" 

Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 4 de outubro
CONTACONTOS: Matapiollos Teatro
ESPECTÁCULO: "Abrapalabra"

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 4 de outubro
ARTISTA: María Noel Toledo
ACTIVIDADE:  "Instantáneas de plastilina"
*Prazas limitadas. Imprescindible inscribirse no 981 628 507

Salvo indicación, todos os actos terán lugar ás 18,30 h.

Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e en colaboración coas Bibliotecas Municipais de Oleiros.