Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Back Día do Libro nas Bibliotecas Municipais de Oleiros

O 23 de abril de 2016 conmemórase o cuarto centenario do aniversario da morte do ilustre escritor Miguel de Cervantes. Esta data tan simbólica foi a escollida pola UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores e autoras, e animar a descubrir o pracer da lectura.
Por todo isto, co obxectivo de conmemorar o Día Mundial do Libro nas Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros organízanse varias actividades.

O 21 de abril, ás 11 h e ás 12:15 h, nas Torres de Santa Cruz, realizarase unha actividade titulada “Las ingeniosas del hidalgo: El Quijote en voces de mujeres” a cargo da actriz Soledad Felloza, para conmemorar o cuarto centenario do aniversario do falecemento do ilustre escritor Miguel de Cervantes e promover a lectura desta magnífica obra.
Neste espectáculo relátanse varios monólogos curtos nos que se dramatizan diferentes personaxes femininos da obra de Cervantes, nos que as mulleres teñen certo protagonismo:
Quiteria, que en plena voda con Camacho o rico, lembra o seu amor a Basilio, o pobre.
A pastora Marcela, na que destaca o seu discurso co que finalizaba as charlas cos seus namorados.
Claudia Jerónima Cervantes, na que está personalizada a liberdade da muller, con límites tan amplos nos que cabe un erro tan grave como a morte.

Este acto está dirixido ao alumnado de 1º de bacharelato dos institutos María Casares e Miraflores.

O 22 de abril, ás 12:45 h, nas Torres de Santa Cruz, realizarase un concerto do grupo Pirilampo presentando o seu novo traballo titulado Teatro do guiñol no que musicarán algúns poemas do insigne escritor Manuel María, ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, cos obxectivos de achegar a súa figura e de dar a coñecer algunhas das súas poesías. Este acto está dirixido a alumnado de primaria do CEIP Valle Inclán de Perillo e do CEIP Luis Seoane de Mera.

O 26 de abril, ás 10:40 h, alumnado de 4º de ESO coñecerá a poesía e o teatro de Federico García Lorca nunha actividade que se desenvolverá na Biblioteca Central Rialeda para fomentar a lectura de obras poéticas e teatrais.

O 27 de abril, ás 11 h, nas Torres de Santa Cruz, poderán divertirse con xogos de maxia a cargo de  Chrystyan Magic que os desenvolverá seguindo un guión baseado na famosa obra de Cervantes “Don Quijote de la Mancha”. Dirixido ao alumnado de 6º de primaria do CEIP A Rabadeira de Oleiros.

Ademais tamén se realizarán:
Na Biblioteca Municipal Manuel María de Oleiros, Obradoiros de marionetas de papel con Viravolta Títeres, os días 20 e 21 de abril, para alumnado de 4º de primaria do CEIP A Rabadeira de Oleiros.

Nas Torres de Santa Cruz, traballarán de forma coordinada a música e a danza con Hip Hop Poema Pop a cargo de Modestos Contos de Broadway, tamén o 20 de abril, ás 10:50 h, para alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Valle Inclán de Perillo.

Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, deleitaranse con contacontos coa actividade “Cueiros de cores” da Compañía Trinke Trinke para alumnado de educación infantil do CEIP Luis Seoane que terá lugar o 26 de abril ás 10:20 h e ás 11:50 horas.


A HORA DO CONTO E DIVERSAS ACTIVIDADES INFANTÍS DE ANIMACIÓN Á LECTURA NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS

Fóra de horario escolar continuarase coa Hora do conto, os bebecontos e distintos obradoiros, que se levarán a cabo ás 18:30 horas.
Con estas actividades preténdese introducir ás nenas e nenos no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, que os faga gozar e divertirse.

BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA - PERILLO
- 21 de abril: Magín Blanco con “Libros En-cantados" (maiores de 5 anos) Imprescindible reservar

praza.
- 28 de abril: Bebecontos con Raquel Queizás “Cambio e conto: Aventuras para medrar” (de 1 a 4 anos) Imprescindible reservar praza.

BIBLIOTECA E CENTRO DE DOCUMENTACIÓN DA MULLER ROSALÍA DE CASTRO - SANTA CRUZ
- 20 de abril: Bebecontos con Soledad Felloza “Un niño no meu sombreiro” (de 1 a 4 anos) Imprescindible reservar praza.
- 27 de abril: Larraitz con “Monicreques nas mans” (maiores de 5 anos) Imprescindible reservar praza.

BIBLIOTECA MUNICIPAL Mª JOSÉ TRINCADO - MERA
- 22 de abril: Paula Carballeira con “Contos de terras de alá que comezan por A: África” (de 3 a 10 anos)

BIBLIOTECA MUNICIPAL Mª JOSÉ RUSO - DORNEDA
- 25 de abril: Bebecontos con Ramiro Neira “Chsss!” (de 1 a 4 anos) Imprescindible reservar

praza.

BIBLIOTECA MUNICIPAL ÁNXEL FOLE - NÓS
- 29 de abril: Lilí Gruyere de Trinke Trinke con “Contos de primavera” (de 3 a 10 anos)

BIBLIOTECA MUNICIPAL MANUEL MARÍA - OLEIROS
- 26 de abril: Soledad Felloza con “Ao redor da lareira” (de 3 a 10 anos)

BIBLIOTECA MUNICIPAL XOGRAR MENDIÑO - LORBÉ
- 28 de abril: Paula Carballeira con “Contos de terras de alá que comezan por C: Colombia” (de 5 a 10 anos)

Exposición bibliográfica "Libros en libros". Biblioteca Central Rialeda
Adicada a obras de narrativa infantil, xuvenil e de adultos que falan, citan ou mencionan outros libros.

Coa realización de todas estas actividades pretendemos promover a lectura e o fomento da utilización dos libros, dar a coñecer as bibliotecas municipais e potenciar a asistencia a elas  non só como lugares de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.