Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Back Actividades de promoción da lectura

/documents/39407/55553/DLFE-27835.pdf/18e014cc-f6c4-72c7-6a24-3ba253457c73
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 14 a 16 de maio:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 
Luns 14 de maio:
- 10:30 e 11:45: Alumnas-os de 1º de Primaria do
CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Saúde afectiva: o rato Fuco quere aprender a querer", con Trinke Trinke.
Mércores 16 de maio: 
- 10:15 e 11:30: Alumnas-os de 3º de Primaria do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Xa non teño medo" con Ramiro Neira.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 
Martes 15 de maio:
- 10:15: Alumnas-os de 1º de ESO
do IES Miraflores (Oleiros).
"Unha viaxe mar adiante" con Caxoto.
- 11:45:  Alumnas-os de 3º de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Unha viaxe mar adiante" con Caxoto.
Mércores 16 de maio:  
- 10:15: Alumnas-os de 1º de Bacharelato do IES Miraflores (Oleiros).
"Anagnórise", a cargo de Soledad Felloza. 
 
Na Biblioteca Manuel María (Oleiros) 
Martes 15 de maio:
- 10:30 e 12:15: Alumnas-os de 2º de Primaria
do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Mans", a cargo de Pablísimo.
Mércores 16 de maio:
- 10:15 e 11:45: Alumnas-os de 4º de Primaria
do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Unha viaxe mar adiante" con Caxoto.
 
Máis info das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros