Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Back Actividades de promoción da lectura

 

/documents/39407/55553/DLFE-27835.pdf/18e014cc-f6c4-72c7-6a24-3ba253457c73
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 9 a 13 de abril:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 
Martes 10 de abril:
- 9:30 e 10:45: Alumnas-os de 6º de Primaria do
CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Cando petan na porta pola noite" con Caxoto. 
Mércores 11 de abril:
- 10:20 e 12:00: Alumnas-os de 5º e 6º Infantil do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Bechos e máis bechos", con Charo Pita.
Xoves 12 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Infantil do
CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Poemas de la oca loca e máis versos de Gloria Fuertes",
con Soledad Felloza.
Venres 13 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 3º de Primaria do
CEIP Juana de Vega (Nós).
"Obradoiro de ilustración",
con Óscar Villán.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 
Luns 9 de abril:
- 16:30: Alumnas-os de 1º de ESO
do IESP Neira Vilas (Perillo) e do IES Miraflores (Oleiros).
"Encontro literario" coa escritora Ledicia Costas. 
Martes 10 de abril:
- 10:15 e 11:45: Alumnas-os de 3º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
"Cen anos de maxia: Merlín e familia", con Soledad Felloza.
Mércores 11 de abril:  
- 10:15 e 11:20: Alumnas-os de 4º e 5º de Infantil do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Mans", a cargo de Pablísimo. 
Xoves 12 de abril:  
- 10:15: Alumnas-os de 6º de Primaria do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Espectáculo de contos marabillos", a cargo de Charo Pita.
- 12:30: Alumnas-os de 3º e 4º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Conferencia sobre Mª Victoria Moreno", a cargo de Montse Pena.
Venres 13 de abril:  
- 10:15: Alumnas-os de 2º de Primaria do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Saúde afectiva: o rato Fuco quere aprender a querer", con Trinke Trinke
 
Na Biblioteca Manuel María (Oleiros) 
Martes 10 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 3º de Primaria
do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Menú de contos",
con Charo Pita.
Mércores 11 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Primaria
do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Obradoiro de ilustración", con
Xosé Tomás.
Xoves 12 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Primaria
do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Obradoiro de ilustración", con
Xosé Tomás.
Venres 13 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Primaria
do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Obradoiro de ilustración", con
Xosé Tomás.
 
Máis info das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros