Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Back Actividades de promoción da lectura

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25508.pdfPrograma de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello, de 26 de febreiro a 2 de marzo:
Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 
Luns 26 de febreiro:
- 9:30 e 11:30: Alumnas-os de 2º de ESO
do IESP Neira Vilas (Perillo)
"Cantando con Rosalía", con Carmela Sánchez.
Martes 27 de febreiro:
- 10:15: Alumnas-os de 2º de ESO
do IESP Neira Vilas (Perillo)
"Cantando con Rosalía", con Carmela Sánchez.
Mércores 28 de febreiro:
- 9:30 e 11:00: Alumnas-os de 4º de Primaria
do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Menú de contos", con Charo Pita.
Xoves 1 de marzo:
- 9:00 e 11:30: Alumnas-os de 1º de ESO do IESP Neira Vilas (Perillo)
"Técnicas de estampación", con Miguel Cuba. 
Venres 2 de marzo:
- 10:15: Alumnas-os de 3º de Primaria do
CEIP Juana de Vega (Nós)
"Continentes", con Chus Álvarez.
Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 
Martes 27 de febreiro:
- 10:35: Alumnas-os de 4º de ESO do
IES María Casares (Santa Cruz)
"Viaxe en viñetas", a cargo de Miguel Cuba.
Mércores 28 de febreiro: 
- 10:35: Alumnas-os de 4º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz)
"Viaxe en viñetas", a cargo de Miguel Cuba.
Xoves 1 de marzo: 
- 10:15 e 11:30: Alumnas-os de 4º e 5º de Infantil do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Bechos e máis bechos", a cargo de Charo Pita.
Venres 2 de marzo: 
- 10:15: Alumnas-os de 6º de Primaria do CEIP Luís Seoane (Santa Cruz)
"Sensacións debuxadas", a cargo de Manel Cráneo.
  
Na Biblioteca Manuel María (Oleiros) 
Martes 27 de febreiro:
- 10:15: Alumnas-os de 4º de Primaria do
CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Sensacións debuxadas", a cargo de Manel Cráneo.
Mércores 28 de febreiro:
- 10:15: Alumnas-os de 4º de Primaria do
CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Sensacións debuxadas", a cargo de Manel Cráneo.
Xoves 1 de marzo:
 - 10:15: Alumnas-os de 4º de Primaria do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Sensacións debuxadas", a cargo de Manel Cráneo.
Venres 2 de marzo:
- 10:30 e 11:45: Alumnas-os de 1º e 2º de Primaria do CEIP Rabadeira (Oleiros) 
"Saúde afectiva: o rato Fuco quere aprender a querer", con Trinke Trinke

 

Máis info das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros