Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Back Actividades de promoción da lectura

/documents/39407/55553/DLFE-25508.pdf/0fa40f6d-4763-a3ea-1c7a-f685c9bf474b

Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello, de 29 de maio a 2 de xuño:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Luns 29 de maio:
- 1ª sesión: 9:20 h. - 5 anos A e B do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
- 2ª sesión: 10:20 h. - 5 anos C do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Festas en Lonxedetodo", a cargo da Compañía Trinke Trinke.

Venres 2 de xuño:
- 10:20: 4º C de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Obradoiro de ilustración", con Óscar Villán.

Na Biblioteca Rosalía de Castro / As Torres (Santa Cruz)
Martes 30 de maio:
- 1º de bacharelato do IES Miraflores (Oleiros) e 3º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo)
"Roteiro cultural 2017: pintor Manuel Abelenda, escritor Xosé Neira Vilas e pintora María
del Adalid".

Mércores 31 de maio:
- 4º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz) e 6º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera)
"Roteiro cultural 2017: pintor Manuel Abelenda, escritor Xosé Neira Vilas e pintora María
del Adalid".

Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Martes 30 de maio:
- 10:10: 4 anos A do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Contos" coa actriz e contacontos Soledad Felloza.

Mércores 31 de maio:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 5 anos A e B do CEIP Rabadeira (Oleiros)
- 2ª sesión: 11:20 h. - 5 anos C do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Contos para desafiar as tres bestas pardas", coa actriz e contacontos Paula Carballeira.

Xoves 1 de xuño:
- 1ª sesión: 10:40 h. - 2º A de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
- 2ª sesión: 11:40 h. - 2º B de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Festas en Lonxedetodo", con Trinke Trinke.

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros