Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Back Actividades de promoción da lectura para os centros de ensino público

/documents/39407/55553/DLFE-25508.pdf/0fa40f6d-4763-a3ea-1c7a-f685c9bf474b

Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello na semana de 20 a 24 de febreiro:

Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo
Luns 20 de febreiro:
- 11:00 h. - 2º A de ESO do IES Miraflores (Oleiros)
- 16:30 h. - 1º D de ESO do IES Miraflores (Oleiros)
"Visita guiada á Biblioteca Central Rialeda" a cargo de persoal da biblioteca e o "Contacontos Feirantes" a cargo do actor e contacontos Ramiro Neira.

Martes 21 de febreiro:
- 9:15 h. - 2º B de ESO do IES Isaac Díaz Pardo (Sada)
- 12:00 h. - 2º C de ESO do IES Isaac Díaz Pardo (Sada)
"Visita guiada á Biblioteca Central Rialeda" a cargo de persoal da biblioteca e o "Contacontos Feirantes" a cargo do actor e contacontos Ramiro Neira.

Mércores 22 de febreiro:
- 9:15 h. - 1º de ESO do IES Mosteirón (Sada)
"Visita guiada á Biblioteca Central Rialeda" a cargo de persoal da biblioteca e o "Contacontos Feirantes" a cargo do actor e contacontos Ramiro Neira.

Venres 24 de febreiro:
- 9:20 h. - 3º A e B de EP do CEIP Valle Inclán (Perillo)
- 10:20 h. - 3º C e D de EP do CEIP Valle Inclán (Perillo)
"Un conto de tres noites" a cargo de Caxoto.

Na Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
Martes 21 de febreiro:
- 10:30 h. - Alumnado de 3 anos do CEIP Luis Seoane (Mera)
- 11:50 h. - Alumnado de 5 anos do CEIP Luis Seoane (Mera)
"Paxariños" a cargo da Compañía Trinke Trinke.

Mércores 22 de febreiro:
- 10:10 h. - Alumnado de 3 anos do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
- 11:00 h. - Alumnado de 4 anos do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Paxariños" a cargo da Compañía Trinke Trinke.

Xoves 23 de febreiro:
- 10:20 h. - 1º de ESO do IES Miraflores (Oleiros)
Obradoiro "Cantando con Rosalía" homenaxe a Rosalía de Castro e á poesía a cargo de Carmela Sánchez Arines. Actividade incluída no programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros