Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Back Actividades de promoción da lectura en Bibloleiros

/documents/39407/55553/DLFE-25508.pdf/0fa40f6d-4763-a3ea-1c7a-f685c9bf474b

Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello de 18 a 21 de abril:

Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo
Martes 18 de abril:
- 10:20 h. - 3º B de ESO do IES Miraflores (Oleiros)
"Taller de banda deseñada" a cargo do ilustrador Manel Cráneo.

Mércores 19 de abril:
- 10:00 h. - 3º de ESO do IES Xosé Neira Vilas (Perillo)
"Poesía e teatro de Federico García Lorca", a cargo de Soledad Felloza.

Xoves 20 de abril:
- 1ª sesión: 9:20 h. - 5 anos A e B do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
- 2ª sesión: 10:40 h. - 3 anos A e B do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Cacaracá: contacontos baseado n'A galiña azul de Carlos Casares", a cargo de Soledad Felloza.

Venres 21 de abril:
- 10:20 h. - 3º de EP do CEIP Juana  de Vega (Nós)
"Obradoiro de ilustración", con Óscar Villán.

Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz
Mércores 19 de abril:
- 10:10 h. - 5 anos A e B do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"O rato ilustrador" a cargo de Trinke Trinke.

Xoves 20 de abril:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 5º A de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
- 2ª sesión: 11:45 h. - 5º B de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Obradoiro de ilustración" a cargo do ilustrador Manel Cráneo.

Na Biblioteca Manuel María de Oleiros
Martes 18 de marzo:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 2º A de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
- 2ª sesión: 11:20 h. - 2º B de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Contos para desafiar as tres bestas pardas", coa actriz e contacontos Paula Carballeira.

Venres 21 de abril:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 3º A e C de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
- 2ª sesión: 11:30 h. - 3º B de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Cacaracá: contacontos baseado n'A galiña azul de Carlos Casares", a cargo de Soledad Felloza.

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros