Campaña de animación á lectura

Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Back A poeta támil Thamizhachi Thangapandian estará n'As Torres de Santa Cruz: 13 de abril

http://www.thamizhachithangapandian.com/

O luns 13 de abril ás 10:45 no Teatro As Torres de Santa Cruz (Oleiros) a poeta támil Thamizhachi Thangapandian terá un encontro con alumnado do IESP Neira Vilas (Perillo), IES Miraflores (Oleiros) e IES María Casares (Santa Cruz).
T. Sumathy coñecida no mundo literario como Thamizhachi Thangapandian é licenciada en filoloxía inglesa con especialidade en literatura inglesa polo Thiagarajar Arts College de Madurai, en Támil Nadu (India). Entre o 1996 e o 2008 traballou como docente no Queen Mary’s College de Chennai. Como investigadora recibiu unha bolsa do AIC (Australia India Council) en 2004 e doutorouse pola University of Madras en 2010.

Ademais de ser unha poeta de gran recoñecemento en lingua támil, as súas áreas de interese inclúen as literaturas poscoloniais (en particular de Sri Lanka e de Australia); literaturas da diáspora (en particular da diáspora támil de Sri Lanka), a tradución, crítica e as artes escénicas (o teatro támil).
Ata o momento publicou 12 obras en támil e unha en inglés. Neste momento dedícase en exclusiva á escrita e á interpretación. 
 
Entre os días 7 e 14 de abril a organización galega de cooperación ao desenvolvemento http://issuu.com/bibloleiros/docs/cartel_visita_thamizhachi. Implicadas no Desenvolvemento convida a artistas e cidadanía a compartir tempo e traballo coa escritora e activista támil Thamizhachi. A autora támil non é só unha das voces máis prestixiosas da escrita poética en lingua támil, senón que tamén é unha traballadora incansable a prol da palabra das mulleres. Thamizhachi ten colaborado con Implicadas nos seus programas de cooperación ao desenvolvemento en Támil Nadu.

A visita de Thamizachi enmárcase no proxecto REACTIV_ARTE organizado por Implicadas e financiado pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
REACTIV-ARTE é unha iniciativa promovida por Implicadas no Desenvolvemento que vincula a arte e o activismo feminista no marco da cooperación ao desenvolvemento. Esta idea materialízase na visita de tres “artivistas” de Támil Nadu, o estado do Sur da India no que traballa Implicadas dende o ano 1998.