Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Back 23 de abril, Día do Libro 2018

 

/documents/39407/55553/DLFE-27925.pdf/641aeee7-1097-b95f-d4c1-5d8920164207Para conmemorar o Día Mundial do Libro, a Deputación da Coruña organiza unha campaña titulada Libros para sermos libres na que se van repartir 200 libros que doa a Deputación aos que se van sumar outros 200 que poñen as Bibliotecas Municipais do Concello de Oleiros. En total regalaranse sobre 400 libros.
 
No Concello de Oleiros dentro da Campaña da Deputación da Coruña Libros para sermos libres repartiranse libros en:
Día 20, ás 18:30 horas, na Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado, en Mera.
Día 23, ás 18:30 horas, na Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso, en Dorneda.
Día 24 e 25, ás 17:30 horas, na Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.
Día 25, ás 18:30 horas, na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro, en Santa Cruz.
 
https://www.dacoruna.gal/novas?id_evento=2648Para o reparto poñeremos unha mesa en cada unha desas bibliotecas e cada unha das persoas que veñan eses días a algunha das bibliotecas poderán levar algún libro de regalo.
Ademais desa actividade e tamén cos obxectivos de conmemorar o Día Mundial do Libro e
potenciar o hábito lector, as Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros organizan outras actividades de promoción da lectura como espazos de ocio e aprendizaxe dirixidos a toda a poboación, programando actividades que abarcan as diferentes idades e distintos formatos como: contacontos, espectáculos teatrais, narracións dramatizadas, charla de divulgación científica, talleres e tertulias literarias, obradoiros de banda deseñada, obradoiros de poesía e exposicións de libros e mostras bibliográficas.