O pasado sábado 18 de abril, celebrouse na piscina do INEF de Galicia, o XI Trofeo de natación artística “Concello de Oleiros” organizado polo Servizo Municipal de Deportes en colaboración co club de natación artística “Acuatic Oleiros”.
O trofeo celebrouse a partir das 10:00h en horario de mañá e tarde.
Participaron un total de 8 clubs e 376 nadadoras das categorías Benxamín, Prealevín, Infantil e Xuvenil, coa seguinte distribución:
1. Sporting Club Casino: 28 nadadoras
2. Club Sincro Ferrol: 47 nadadoras
3. Club Natación Coruña: 52 nadadoras
4. Aguamarina Sincro: 44 nadadoras
5. Sincro Rías Baixas: 28 nadadoras
6. Sincro Ourense: 49 nadadoras
7. Pontefenix: 8 nadadoras
8. Club Acuatic Oleiros: 120 nadadoras
O Club Natación Coruña proclamouse campión da clasificación xeral, revalidando o título conseguido na pasada edición tras unha destacada actuación nas diferentes categorías. Pola súa banda, Aguamarina Sincro acadou a primeira posición nos combos prealevín, infantil e xuvenil.
A competición volveu consolidarse como unha das citas de referencia da natación artística en Galicia, nunha xornada marcada polo alto nivel deportivo e a elevada participación.