Nesta ocasión será unha viaxe convivencial de tres días, á provincia de Ourense e Pontevedra.
A inscrición comezará ás 10:00 h. do día 18 de maio e rematará ás 8:00 h. do día 25 de maio.
O obxectivo principal deste programa é potenciar a responsabilidade, a autonomía persoal e social, así como todas aquelas habilidades que favorezan unha axeitada integración social, no tempo de lecer.
A viaxe será os días 19, 20 e 21 de xuño.
Visita guiada a Ridimoas, Igrexa de Beade, Termas da Chavasqueira, visita guiada á Casa do Patrón e obradoiro de pan, visita nocturna Templo de Veracruz, Allariz: Ponte de Vilanova, paseo polo río Arnoia, Asociación ANDREA, Pazo de Liñares, sala de Aviador Joaquín Loriga, Museo do Xoguete e Museo da Marioneta.
Haberá prazas para 15 persoas participantes.
Os requisitos son:
-Estar empadroadas no Concello de Oleiros.
-Ter certificado de discapacidade.
-Ter entre 12 e 55 anos.
As persoas que soliciten por primeira vez, a participación no programa, no caso de obter praza, deberán achegar por rexistro a documentación que lles sexa requerida.
O día 26 de Maio, comunicarase ás persoas admitidas a adxudicación da praza, e serán citadas xunto coas familias, para unha reunión explicativa, en Villa Echeverry o día 11 de xuño e así facilitar toda aquela información relativa á actividade.