Animación y Participación Social

Atrás Comité de Ética na Intervención Social "CEIS AS MARIÑAS"

O Comité de Ética na Intervención Social "CEIS AS MARIÑAS" é un órgano colexiado de carácter consultivo, interdisciplinario e independente que ten por finalidade asesorar nos problemas éticos da intervención social, fomentar a cultura ética e mellorar a calidade da intervención social e o benestar das persoas usuarias dos servizos sociais.

O CEIS As Mariñas, xorde da preocupación dos/as profesionais dos servizos sociais dos concellos que forman parte do Consorcio As Mariñas (Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada) por consolidar e promover a dimensión ética da intervención social e buscar apoio para acadar a mellor solución en determinadas situacións de conflito. 

O CEIS As Mariñas, está ao servizo das/dos profesionais, centros, servizos, asociacións, fundacións, institucións, persoas usuarias, familias e/ou representantes e demais axentes implicados na intervención social do Consorcio As Mariñas.

O ámbito territorial de actuación do CEIS As Mariñas é o correspondente ao ámbito dos servizos sociais dos concellos que integran o Consorcio As Mariñas.

“A Comunicación Non Violenta nas relacións familiares”

O Concello de Oleiros, desde o Programa de Familias Inquedas, organiza unha charla aberta o vindeiro xoves 24 de abril ás 18:30 h no Auditorio das Torres de Santa Cruz.

 

O título da charla é “A Comunicación Non Violenta nas relacións familiares” e será impartida por Virginia Pañeda Sanz, experta en educación emocional, en facilitación e no traballo con familias, que xa colaborou en anteriores ocasións nas actividades de Familias Inquedas.

A Comunicación Non Violenta é unha ferramenta que nos permite abordar conversas e interrelacións coas persoas que nos rodean dunha forma mais sana, honesta e respectuosa. O obxectivo da charla é dar a coñecer os seus principios básicos para poder levar a cabo unha comunicación mais consciente e auténtica, na que conectaremos coas necesidades e coas emocións da persoa coa que falamos e de nós mesmas para reducir os conflitos nas relacións.

En moitas ocasións os conflitos no entorno familiar, no traballo, coa veciñanza ou co entorno en xeral, están motivados por uns problemas na forma de comunicarnos. Ser conscientes do erros que cometemos contribuirá a mellorar esas relacións. 

Dende Familias Inquedas quérese transmitir a súa importancia para manter un bo clima de convivencia nas casa, especialmente naqueles momentos nos que a comunicación cos fillos e fillas pode provocar conflitos e situacións de tensión.

Na charla está previsto ofrecer espazos de intervención das persoas asistentes para respostar a cuestións e compartir reflexións.

Ao final da charla informarase dunha pequena formación que se impartirá mais adiante para aquelas persoas interesadas en profundizar sobre esta ferramenta.

Non é necesaria a inscrición previa para asistir á charla.