Esta obra está baseada no texto teatral de Manuel María Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela. O elenco está formado por Alba Bermúdez e Tone Martínez, profesores da Escola de Teatro de Oleiros e por Atenea García, acompañados de Nicolás Zamorano, Carmen Casal e María Torres na escenografía e iluminación, Lorena Calvo na caracterización, Xavier Bértolo no espazo sonoro e Sol Álvarez no deseño e traballo audiovisual.
Nunha residencia da terceira idade traen de volta a Berenguela, unha anciá que aproveita para fuxir en canto pode. Quere volver á súa casa na aldea, onde sempre viviu, onde é feliz. Berenguela protesta, rosma, funga, ata que a súa amiga Aurora consegue acougala. Aurora é outra anciá prisioneira, unha anciá que non lembra ben quen é, así que pode ser o que ela queira. Na mesma residencia está Tomás, que pasa o día mirando pola xanela, cismando nas súas cousas, triste e gris. Representando 'Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela', de Manuel María, as tres anciás atoparán a liberdade que cren perdida e a posibilidade de cambiar o mundo.
Esta obra está recomendada para maiores de 6 anos. A entrada é gratuíta ata completar a capacidade do auditorio.
Público familiar, maiores de 6 anos.
29 de novembro
18.00 h
Auditorio Gabriel García Márquez
Entrada gratuíta, os convites poderán recollerse desde as 17.30 h na billeteira do auditorio.