|
RUTA POLAS PENAS DE RODAS E MIRADOIRO DA TERRA CHA |
|
Punto inicio: A Feira (Outeiro de Rei) Punto fin: Penas de Rodas (Outeiro de Rei) Lonxitude: 11 km Dificultade: media-baixa |
|
Ruta que transcorre por camiños amplos e transitables en bicicleta, pasa por diferentes zonas con pastos, algunha pequena aldea con construcións tradicionais de pedra, a área recreativa de Penas de Rodas cunhas formidables formacións xeolóxicas que lle dan nome e o miradoiro de Paraños con impresionantes vistas panorámicas sobre a contorna e que actualmente ademais se utiliza como miradoiro astronómico. |
|
PUNTOS DE INTERESE
VISITA CULTURAL: Museo Provincial de Lugo, Muralla de Lugo e paseo polo adarve |
Maiores de idade, e preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.
28 de febreiro de 2026
- As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do luns 16 de febreiro ás 10.00 horas.
- No caso de ter máis solicitudes que prazas a adxudicación de prazas realizarase por sorteo entre todas as solicitudes de persoas empadroadas rexistradas entre o luns 16 de febreiro ás 10.00 horas e o mércores 18 ás 14.00 horas.
23 euros