Actividades culturais

Atrás TEATRO. A Ramboia: Un tal Romeo

Apoiado por unha tremoia escénica viva, un actor prepárase para interpretar o papel de Romeo. Repasa pasaxes da obra shakespeariana, asiste a un casting e a continuación destrúe a golpes o balcón de Xulieta.

Xunto a un TRAMOLLISTA, o INTÉRPRETE redefine o seu concepto de amor caduco e infeccioso que o incapacita para a vida e o teatro. Repasa a concatenación de primeiras veces que experimenta Romeo; casar, perder a virxinidade, matar a alguén, ser desterrado e quitarse a vida, na procura de respostas a unha problemática propia que resoa na súa cabeza:

NON TES PERFIL DE ROMEO.

XAMÁIS SERÁS PROTAGONISTA.

O AMOR É SECUNDARIO.

O ROMANTICISMO ESTÁ MORTO.

A TÚA CARREIRA TAMÉN.

Unha ironía metateatral de contrastes e tensión rítmica entre ondas coreográficas.

Que difícil é querer, que difícil é quererse.

  • Autoría: María Peinado
  • Dirección: María Peinado
  • Elenco artístico: Fran Lareu e Anxo García
  • Duración: 75 min
  • Clasificación: Contemporáneo

 

A quen vai dirixido?

Público: Adultos. Maiores de 14

Data do evento

Sábado 14 de marzo ás 20:30 horas

 

Lugar de Celebración

Auditorio Gabriel García Márquez  (Mera)

Prezo

4,00 €

ENTRADAS