Horario aproximado previsto*:
07.40.- Saída de Santa Cristina
09.30.- Chegada a Becerreá
Parada técnica: Café/pan
10.00.- Bus a inicio da ruta
10.45- Inicio da ruta. Refuxio-Albergue Ancares
- Campa de Ortigoso
- Campa de Tres Bispos
- Campa das Ovellas
- Pico Tres Bispos
14.30.- Xantar de campo nos arredores da Campa de Tres Bispos
15.30.- Retomamos a ruta
- Campa de Tres Bispos
- Avesedo de Donís
17.30.- Fin de ruta nos Cabaniños
17.45.- Bus a Piornedo
18.15.- Chegada a Piornedo
- Visita á Palloza-Museo do Sixto
- Paseo por Piornedo
- Tempo libre para refrixerio
19.30.- Autobús de regreso a Oleiros
- (Cambio de condutor)
22.15.- Chegada a Santa Cristina
22.25.- Chegada a Santa Cruz
(*os horarios son orientativos e poden variar en función das condicións meteorolóxicas ou doutras circunstancias alleas á organización)
Características técnicas:
Distancia: |
12,2 km |
Dificultade**: |
Media-alta |
Altitude máxima: |
1784 m |
Altitude mínima: |
998 m |
Desnivel acumulado positivo (ascenso): |
470 m |
Desnivel acumulado negativo (descenso): |
820 m |
**O grao de dificultade é unha valoración obxectiva que se calcula en función das características da ruta e do terreo, pero o esforzo necesario para realizala pode variar en función da condición física de cada participante e das condicións meteorolóxicas existentes.
*** Importante levar pantalón longo e botas de montaña, bastóns e algunha prenda de abrigo.
Sábado, 27 de setembro de 2025
- As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do martes 16 de setembro ás 10.00 horas.
- No caso de ter máis solicitudes que prazas a adxudicación de prazas realizarase por sorteo entre todas as solicitudes de persoas empadroadas rexistradas entre o martes 16 de setembro ás 10.00 horas e o mércores 17 ás 14.00 horas, na sede electrónica, no catálogo de trámites, ámbito de cultura. No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.
23 euros