Actividades culturais

Atrás Obradoiro de olería castrexa

Esta actividade ofrece unha experiencia cerámica diferente, na que as persoas participantes terán a oportunidade de coñecer e experimentar de primeira man as técnicas de traballo empregadas hai máis de dous mil anos.

Para guiar esta experiencia, contaremos coa experta Sandra Obarrio da Fundación Terra Termarum Castrolandín.

A quen vai dirixido?

Maiores de 16 anos (terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Oleiros)

Data do evento

24 de maio

Horario

1ª quenda: de 10.00 a 14.00 h

2ª quenda: de 16.00 a 20.00 h

Lugar de Celebración

1ª quenda: Casa da Gardesa (centro cultural As Torres)

2ª quenda: Escola Municipal de Olería (centro cultural As Torres, ao fondo do xardín)

Inscricións

Do 30 de abril ao 19 de maio (o sorteo das prazas realizarase o día 20 de maio e ese mesmo día notificarase ás persoas que acaden praza)

Prezo

de balde

Medios de contacto

Telf.: 981 626 692 ou 881 889 162

Correo: museos@oleiros.org