Actividades "A porta violeta"

Back Volve o Obradoiro do Corpo: inscrición aberta para os dous grupos

O Obradoiro do Corpo é unha actividade corporal dirixida a mulleres coa que se busca favorecer o apoderamento persoal e colectivo e contribuír ao seu benestar físico, persoal e social.

A través das sesións trabállanse de maneira transversal aspectos como a conciencia corporal, o benestar postural, a flexibilidade, a respiración e a relaxación, a tonificación muscular e a autoestima, promovendo hábitos de vida saudables e adaptando as actividades ás necesidades das participantes.

Ao mesmo tempo, o Obradoiro do Corpo busca ofrecer un espazo de encontro e relación entre mulleres, favorecendo unha maior vida en comunidade e a creación de redes de apoio e coidados mutuos.

De cara a este novo período, ábrese a inscrición para os dous grupos dispoñibles,  (é gratuita).

Esta actividade desenvolverase, na Casa da Cultura de Perillo, os mércores do 16 de Setembro ao 9 de Decembro. Poderán participar todas as mulleres empadroadas no Concello de Oleiros, menores de 65 anos.

Grupo 1: de 10:00 a 11:30 horas

Grupo 2: de 11:30 a 13:00 horas

O período de inscrición comezará mañá día 1 de Setembro ás 9h da mañá, e finalizará o 14 de Setembro ás 8:30h da noite.

Para inscribirse prema no formulario de inscrición, co horario que máis lle interese, 

Para máis información poden chamar ao teléfono de atención veciñal, 981 61 00 00 ou ben no correo electrónico, igualdade@oleiros.org