Actividades 65+

Back Novos Obradoiros de Alfabetización Dixital, INFORMÁTICA E MANEXO DE MÓBILES 2026

Desde o próximo luns 9 de marzo e ata o venres 13 de marzo, estará aberto o prazo de inscrición para os obradoiros de alfabetización dixital, tanto para os de Manexo de Móbiles como para os de Infórmática. Estes obradoiros están dirixidosa a persoas maiores de 65 anos empadroadas no Concello de Oleiros. A inscrición desde a web municipal, estará aberta ata o domingo 15 de marzo ás 23:00.

Organizaranse 3 obradoiros, Manexo de móbiles e 2 de Informática, durante os meses de Abril e Maio. Cada un deles terá unha duración de 24 sesións, e cada sesión será de 90 minutos.

O prazo de inscrición para calquera dos 5 obradoiros, comenzará o próximo luns día 9 de marzo e rematará o domingo 15 de marzo. As persoas interesadas en participar, poderán facer a incrición chamando ao teléfono de atención veciñal 981 610 000 en horario de 16.00 h a 19.00 h, ata o venres 13, e as persoas que prefiran realizar a inscrición pola web municipal, poderán facelo, ata o domingo 15 do mesmo mes de marzo ás 23:00 Esta actividade terá un custo de 15 euros por persoa e obradoiro e o número máximo de participantes, por obradoiro será de 12.

OBRADOIROS MANEXO DE MÓBILES

  • Nivel avanzado.  

  1. Casa Echeverry, Perillo,  ( localización Casa Echeverry - Concello de Oleiros - oleiros.org ),  Martes Mércores, Xoves e Venres desde o día 7 de Abril ao 19 de Maio, ámbolos dous inclusive. O horarío será de 16:30H A 18:00H 
  2. Casa do Pobo de Nós, ( Localización,  Casa do pobo de Nós - Concello de Oleiros - oleiros.org ) Luns, Mércores, Xoves e Venres, desde o día 8 de Abril ao 20 de Maio, ámbolos dous inclusive. O horarío será de 10:00H A 11:30H 
  • Nivel Medio

  1. Casa do Pobo de Dorneda, ( Localización, Casa do pobo de Dorneda - Concello de Oleiros - oleiros.org ) Martes Mércores, Xoves e Venres, desde o día 7 de Abril ao 19 de Maio, ámbolos dous inclusive. O horarío será de 18:30H A 20:00H 

OBRADOIROS DE INFORMÁTICA 

Os obradoiros de Informática realizaranse todos no Centro Municipal de Formación Isaac Diaz Pardo ( LocalizaciónCMF Isaac Díaz Pardo - Concello de Oleiros - oleiros.org )

  1. Grupo 1. : Luns, Martes Mércores e Xoves, desde o día 7 de Abril ao 19 de Maio, ámbolos dous inclusive. O horarío será de 16:15H A 17:45H 
  2. Grupo 1. : Luns, Martes Mércores e Xoves, desde o día 7 de Abril ao 19 de Maio, ámbolos dous inclusive. O horarío será de 18:00H A 19:30H